IMPORTANTE: Por causas meteorolóxicas pospoñemos a excursión a Cotobade ao sábado 8 de outubro. As persoas con praza reservada para hoxe conservan a praza para o próximo sábado (se o desexan). Para máis información, contactar coa Agrupación Ío por correo electrónico.
– – – – –
O sábado 1 de outubro a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha observación astronómica no observatorio de Cotobade. Haberá un autobús gratuíto para as persoas interesadas que sairá da Coruña ás 16 h e regresará ao rematar a observación, con chegada prevista á Coruña arredor das 3am; o punto de saída e chegada é a Praza da Palloza. Saímos cedo para chegar con día: o primeiro prato da xornada será facer unha observación segura do Sol co telescopio apropiado. Logo, cando anoiteza, visitaremos en grupos reducidos o recinto do observatorio e faremos observación do ceo a simple vista e con telescopio. Camiño da 1 a.m. emprenderemos camiño de regreso (son arredor de 2h de viaxe). Esta actividade conta co apoio da Concellaría de Cultura, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña e coa colaboración da Asociación Astronómica Sirio.
Se te queres apuntar, é preciso que cubras este formulario online. As prazas desta volta son moi limitadas (aproximadamente 50). A comunicación coas persoas inscritas efectuarase exclusivamente por correo electrónico. Debe cubrirse un formulario completo por cada persoa que vaia participar na excursión. As persoas menores de idade deben cubrir tamén o formulario completo, indicando no campo correspondente o nome da persoa que os vai acompañar (que á súa vez deberá encher tamén o seu propio formulario).
A asignación de prazas efectuarase por rigorosa orde de solicitude. Comunicaremos a asignación de prazas o martes luns 26 de setembro por correo electrónico. Será imprescindíbel confirmar a praza reservada para facela efectiva; en caso de non termos resposta, asignaremos a praza á primeira persoa en listaxe de espera.
Recomendacións básicas
Me gustaría ir a la observación astronómica en el observatorio de Cotobade. Si es necesario puedo ir en mi vehículo particular.
Ola Brais. Para asistir á observación, como indicamos na anotación, era preciso inscribirse, fose cal fose o medio de transporte elixido. A inscrición xa está pechada e en todo caso hai máis de cincuenta persoas en listaxe de espera, así que non poderá ser desta vez. En novembro faremos unha nova excursión, aconsellámoste que esteas atento ao noso blog e redes sociais.
Pingback: Actividades do segundo semestre de 2016 da Agrupación Ío - Agrupación Ío