Actividades do segundo semestre de 2016 da Agrupación Ío


LOGOEsta é a listaxe das accións divulgativas e actividades que desenvolveu (ou nas que participou) a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no segundo semestre de 2016 (as actividades do primeiro semestre podes consultalas nesta ligazón). Non se detallan as intervencións en medios de comunicación.

Actividades abertas ao público:

Do luns 18 ao martes 26 de xullo: colaboración no “Curso Básico de Astronomía Visual e Fotográfica” da Universidade da Coruña.

Sábado 6 de agosto, pola tarde: participación no “Parque das Utopías”, xornada dedicada ao medio ambiente na esplanada da Casa das Ciencias.

Mércores 10 de agosto, noite: observación no campamento de verán “Sementeira” en Moeche.

Noite do venres 12 ao sábado 13 de agosto: excursión para observar as Perseidas na Área Recreativa San Xoán en Guitiriz (Lugo).

Sábado 13 de agosto, noite: colaboración na “Noite de estrelas” en Sada.

Venres 2 de setembro: III Edición Astrotrevinca na Veiga, Ourense.

Sábado 3 de setembro: observación en Monte alto na contorna da Torre de Hércules. Suspendida pola brétema.

Do 15 ao 18 de setembro: XXII Congreso Estatal de Astronomía en Pamplona.

Domingo 25 de setembro, 12:30: conferencia de Minia Manteiga sobre a Misión Gaia no MUNCYT da Coruña.

Do 7 ao 9 de outubro: Astrogalicia 2016 no Parque Náutico de Castrelo do Miño.

Sábado 8 de outubro, das 16h ás 3:00: excursión ao Observatorio Astronómico de Cotobade. Colaboración na “Noite Efervescente” organizada por Efervesciencia.

Sábado 15 de outubro: curso de iniciación á Astronomía “Conceptos básicos” no Fórum Metropolitano.

Do martes 18 ao luns 31 de outubro: exposición “Contaminación luminosa: depende de nós” no Centro Cívico do Castrillón.

Venres 21 de outubro, 20:00: charla sobre contaminación luminosa no local da Asociación de Veciños de Monte Alto.

Martes 25 de outubro, 19:30: charla sobre contaminación luminosa no salón de actos do Centro Cívico do Castrillón.

Sábado 29 de outubro: observación urbana no exterior do MUNCYT da Coruña como colofón do encontro anual de Divulgacción.

Do xoves 3 ao mércores 30 de novembro: exposición “Contaminación luminosa: depende de nós” no IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) da Coruña.

Venres 11 de novembro, 19:30: mesa redonda na Domus “La astronomía como te la cuentan”.

Sábado 19 de novembro, tarde e noite: charla e observación astronómica en Burela, no Espigón da praia do Cabaliño.

Luns 21 de novembro, 19:30: charla “A contaminación luminosa DEPENDE DE NÓS” na A.C. Alexandre Bóveda.

Sábado 26 de novembro: excursión ao observatorio de Forcarei. Cancelada por meteoroloxía adversa.

Do xoves 1 de decembro de 2016 ao xoves 5 de xaneiro de 2017: exposición “Contaminación luminosa: depende de nós” na Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano.

Venres 9 de decembro, noite: observación no IES Viós (Abegondo).

Sábado 10 de decembro: excursión para ver as Xemínidas na Área Recreativa San Xoán en Guitiriz.

Luns 12 de decembro: charla “En defensa do ceo nocturno” na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano.

Sábado 17 de decembro: V Edición do Workshop CMON na Residencia Universitaria Monte da Condesa en Santiago de Compostela.

Outras accións:

Xoves 28 de xullo, 10:30: reunión co voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, José Manuel Dapena, para explicarlle o problema da contaminación luminosa.

Martes 2 de agosto, 13:00: reunión co Grupo Municipal do PP (Rosa Gallego, Martín Fernández) para expoñerlles o problema da contaminación luminosa.

Proposta de revisión de terminoloxía astronómica no Dicionario da Real Academia Galega (con Salva Bará).

Mércores 21 de setembro: publicación da versión galega da curta documental “A perda da escuridade”

Xoves 22 de setembro: publicación dun caderno monográfico “A Fondo” sobre contaminación luminosa no semanario Sermos Galiza.

A partir de novembro: publicación quincenal no blog dos boletíns de divulgación da Unión Astronómica Internacional en versión galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com