ASTRONÓMICA
CORUÑESA ÍO
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Se a astronomía é a túa paixón, non o dubides, únete a Ío
ÚLTIMAS NOTICIAS

Friol prepárase para a eclipse solar do 12 de agosto cunha charla divulgativa
O Centro Sociocultural de Friol acollerá o luns 10 de agosto, ás 18.00 horas, unha actividade gratuíta para coñecer mellor este fenómeno astronómico e aprender a observalo con seguridade. O Concello de Friol, coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, organiza a charla «Prepararnos para a eclipse solar», que será impartida por Carmen Denébola, membro da agrupación. A actividade celebrarase só dous días antes da

Pechado por eclipse: unha invitación para vivir xuntos un acontecemento extraordinario
O 12 de agosto de 2026 A Coruña vivirá un momento que moi poucas xeracións teñen a oportunidade de experimentar: unha eclipse total de Sol. O 12 de agosto de 2026 non asistiremos simplemente a unha eclipse. Viviremos un acontecemento que formará parte da memoria colectiva dunha xeración. Durante algo máis dun minuto, a Lúa ocultará completamente o Sol, o ceo escurecerá en plena tardiña

Ío colabora co MUNCYT da Coruña nun ciclo para prepararmos a eclipse total de Sol de 2026
O 12 de agosto de 2026 A Coruña vivirá un acontecemento astronómico excepcional: unha eclipse total de Sol visible desde a cidade. Será unha oportunidade pouco frecuente para observar un dos fenómenos máis impresionantes que nos ofrece o ceo, mais tamén unha ocasión inmellorable para falar de astronomía, ciencia, cultura e observación segura. Co obxectivo de achegar este fenómeno á cidadanía, o MUNCYT Coruña puxo


