Presentámosvos unha listaxe non exhaustiva das accións divulgativas e actividades desenvolvidas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no primeiro semestre de 2015 (non se detallan as intervencións en medios de comunicación):
Venres 23 de xaneiro, 19:30: APOD NASA 2014, un ano de astronomía en galego. Conferencia de Dosi Veiga. Lugar: MUNCYT A Coruña.
Xoves 19 de febreiro: entrada da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Cel Fosc, asociación contra a contaminación lumínica.
Venres 6 de marzo, 17:00: charla sobre contaminación lumínica a cargo de Fernando Jáuregui. Lugar: MUNCYT A Coruña.
Venres 20 de marzo, 9:00: observación pública da eclipse parcial de Sol. Para a ocasión preparamos conxuntamente coa Casa das Ciencias unha nota de prensa que se difundiu en medios de comunicación e redes sociais. Lugar: Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarita, A Coruña.
Sábado 28 de marzo, 20:30: observación na «Hora do Planeta». Lugar: Praza de María Pita, A Coruña.
Martes 28 de abril, 17:30: participación no seminario «Arquitectura con Luz Propia». Lugar: Escola técnica superior da Coruña.
Sábado 9 de maio, 10-19:00: participación no XX Día da Ciencia na Rúa. Lugar: Parque de Santa Margarita, A Coruña.
Sábado 16 de maio: excursión ao Observatorio de Cotobade. Lugar: Observatorio Astronómico de Cotobade.
Venres 22 de maio, 22:30: observación pública no Parque Europa dentro do ciclo «É o Cosmos» da Biblioteca do Fórum. Lugar: Parque Europa, A Coruña.
Sábado 30 de maio, 21:00: observación pública conmemorativa do 30º aniversario da Casa das Ciencias. Lugar: Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarita, A Coruña.
Luns 1 de xuño, 19:00: conferencia «As estrelas, máis preto do que imaxinas» a cargo de Óscar Blanco (ciclo «É o Cosmos»). Lugar: Biblioteca do Fórum Metropolitano, A Coruña.
Sábado 6 de xuño: folla informativa «O ceo dos Premios Xerais» para a entrega destes premios literarios na Illa de San Simón.
Xoves 11 de xuño, 19:00: conferencia «Cinema e astronomía» a cargo de Martin Pawley (ciclo «É o Cosmos»). Lugar: Biblioteca do Fórum Metropolitano, A Coruña.
Luns 15 de xuño, 10:00: charla astronómica na Escola Rural de Berdillo. Lugar: Berdillo, Carballo.
Venres 19 de xuño: participación na III Noite Efervescente, festa da astronomía para todos. Lugar: observatorio de Forcarei.
Sábado 20 de xuño, 21:00: xuntanza-cea do solsticio de verán. Lugar: Area recreativa de San Xoán, Guitiriz.
Sábado 27 de xuño, 22:00: roteiro nocturno 2015 en colaboración con Hábitat. Lugar: Area recreativa de San Xoán, Guitiriz.