SolporSolsticio
A Lúa, Venus e Xúpiter en conxunción ao solpor o próximo sábado 20 de xuño.

Un ano máis celebraremos a cea do solsticio de verán na área recreativa de San Xoán en Guitiriz, a partir das 21:00. o próximo sábado 20 de xuño. Esperamos ter ao noso dispor, coma sempre, a aula de natureza que hai na citada área.

Esta quedada clásica da agrupación é unha boa oportunidade para o encontro dos socios, pasarmos un bo momentos xuntos e observar o ceo se o tempo o permite (e a previsión é moi favorábel).

Aconsellamos que vos apuntedes nesta base de datos para concretar as cousas que pode achegar cada un a esta cea compartida e non levar todos o mesmo. Lembrade que tamén fan falta vasos, pratos, etc.