Esta é a listaxe das accións divulgativas e actividades que desenvolveu (ou nas que participou) a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no primeiro semestre de 2016. Non se detallan as intervencións en medios de comunicación.
Actividades abertas ao público:
Venres 15 de xaneiro, 20:00: observación pública no CEIP Portofaro. Lugar: CEIP Portofaro, O Temple (Cambre).
Sábado 13 de febreiro, 12:00: presentación do libro Desde el jardín, las estrellas, coa participación da autora, Ana Ulla. Lugar: Biblioteca Municipal do Castrillón, A Coruña.
Venres 19 de febreiro, 19:00: charla de astronomía. Lugar: Biblioteca Municipal do Castrillón, A Coruña. 20:30: observación pública na Praza Pablo Iglesias (O Castrillón).
Xoves 25 de febreiro, 19:30: conferencia “¿Es necesaria el agua para la vida en los planetas extrasolares?” a cargo do noso socio Mario S. García. Lugar: MUNCYT A Coruña.
Venres 26 de febreiro, 20:00: presentación do libro E fixemos a luz! de Salva Bará. Lugar: Domus, A Coruña.
Sábado 5 de marzo, a partir das 11:00: IV Edición do workshop CMON. Lugar: Residencia Universitaria Monte da Condesa, Santiago de Compostela.
Venres 11 de marzo, 19:00: presentación do libro ¿A que altura está o ceo? de Jorge Mira. Lugar: Domus, A Coruña.
Sábado 19 de marzo, 20:30: hora do planeta. Lugar: Praza de María Pita, A Coruña.
Sábado 7 de maio, a partir das 11:00: XXI Día da Ciencia na Rúa. Lugar: Parque de Santa Margarita, A Coruña.
Luns 9 de maio, a partir das 13:00: observación do tránsito de Mercurio. Lugar: Parque de Santa Margarita, A Coruña.
Martes 24 de maio, 16:30: charla sobre contaminación luminosa para os alumnos de 1º ESO do IES Rafael Dieste. Lugar: IES Rafael Dieste, A Coruña.
Domingo 29 de maio, 23:00: observación pública nas festas de Burela. Cancelada por razóns meteorolóxicas. Lugar: praza do Concello, Burela.
Sábado 4 de xuño, pola tarde/noite: divulgación astronómica na entrega dos Premios Xerais. Lugar: Illa de San Simón.
Martes 7 de xuño, 12:00: charla sobre contaminación luminosa para os alumnos de 1º ESO do IES Díaz Castro. Lugar: IES Xosé María Díaz Castro, Guitiriz.
Venres 10 de xuño, 19:00: sesión de planetario Entre o ceo e a terra. Lugar: Casa das Ciencias, A Coruña.
Sábado 11 de xuño, 21:30: roteiro nocturno Entre o ceo e a terra. Lugar: área recreativa San Xoán, Guitiriz.
Luns 13 de xuño, 12:00: charla sobre o ceo e a contaminación luminosa para os alumnos de 4º de Primaria do CEIP Ría do Burgo. Lugar: CEIP Ría do Burgo, Culleredo.
Venres 17 de xuño, 22:30: observación do ceo coa escola infantil O Berce (Arteixo). Lugar: camping de Baldaio, Carballo.
Martes 21 de xuño, 10:30: charla sobre contaminación luminosa para os alumnos de 4º ESO do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta). Lugar: IES Ramón Menéndez Pidal, A Coruña.
Sábado 25 de xuño, 21:00: xuntanza-cea do solsticio de verán. Lugar: área recreativa San Xoán, Guitiriz.
Outras accións:
Luns 18 de xaneiro: reunión coa Concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, para darlle a coñecer as actividades e fins da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e informala sobre o problema da contaminación luminosa.
Venres 12 de febreiro: reunión coa alcaldesa de Guitiriz, Rexina Polín, para darlle a coñecer as actividades e fins da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, informala do problema da contaminación luminosa e valorar a posibilidade de actividades conxuntas.
Luns 25 de abril: reunión co enxeñeiro técnico Manuel Lorenzo Mejuto (da área de Urbanismo do Concello da Coruña) para discutir o problema da contaminación luminosa e aclarar vías e posibilidades de actuación sobre este asunto.
Martes 3 de maio: reunión co deputado de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artistico da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, para informalo do problema da contaminación luminosa e propoñer accións sobre este tema.
Luns 30 de maio: reunión co técnico de Medio Ambiente do Concello da Coruña, Guillermo Leira, para valorar accións conxuntas contra a contaminación luminosa.
No arquivo do blog: actividades do primeiro semestre de 2015 | actividades do segundo semestre de 2015.
Un montón !
Gracias por todas, pola vosa divulgación!
Pingback: - Agrupación Ío
Pingback: Actividades do segundo semestre de 2016 da Agrupación Ío - Agrupación Ío