LOGOPresentámosvos unha listaxe non exhaustiva das accións divulgativas e actividades desenvolvidas pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no primeiro semestre de 2015 (non se detallan as intervencións en medios de comunicación):

Venres 23 de xaneiro, 19:30: APOD NASA 2014, un ano de astronomía en galego. Conferencia de Dosi Veiga. Lugar: MUNCYT A Coruña.

Xoves 19 de febreiro: entrada da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Cel Fosc, asociación contra a contaminación lumínica.

Venres 6 de marzo, 17:00: charla sobre contaminación lumínica a cargo de Fernando Jáuregui. Lugar: MUNCYT A Coruña.

Venres 20 de marzo, 9:00: observación pública da eclipse parcial de Sol. Para a ocasión preparamos conxuntamente coa Casa das Ciencias unha nota de prensa que se difundiu en medios de comunicación e redes sociais. Lugar: Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarita, A Coruña.

Sábado 28 de marzo, 20:30: observación na «Hora do Planeta». Lugar: Praza de María Pita, A Coruña.

Martes 28 de abril, 17:30: participación no seminario «Arquitectura con Luz Propia». Lugar: Escola técnica superior da Coruña.

Sábado 9 de maio, 10-19:00: participación no XX Día da Ciencia na Rúa. Lugar: Parque de Santa Margarita, A Coruña.

Sábado 16 de maio: excursión ao Observatorio de Cotobade. Lugar: Observatorio Astronómico de Cotobade.

Venres 22 de maio, 22:30: observación pública no Parque Europa dentro do ciclo «É o Cosmos» da Biblioteca do Fórum. Lugar: Parque Europa, A Coruña.

Sábado 30 de maio, 21:00: observación pública conmemorativa do 30º aniversario da Casa das Ciencias. Lugar: Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarita, A Coruña.

Luns 1 de xuño, 19:00: conferencia «As estrelas, máis preto do que imaxinas» a cargo de Óscar Blanco (ciclo «É o Cosmos»). Lugar: Biblioteca do Fórum Metropolitano, A Coruña.

Sábado 6 de xuño: folla informativa «O ceo dos Premios Xerais» para a entrega destes premios literarios na Illa de San Simón.

Xoves 11 de xuño, 19:00: conferencia «Cinema e astronomía» a cargo de Martin Pawley (ciclo «É o Cosmos»). Lugar: Biblioteca do Fórum Metropolitano, A Coruña.

Luns 15 de xuño, 10:00: charla astronómica na Escola Rural de Berdillo. Lugar: Berdillo, Carballo.

Venres 19 de xuño: participación na III Noite Efervescente, festa da astronomía para todos. Lugar: observatorio de Forcarei.

Sábado 20 de xuño, 21:00: xuntanza-cea do solsticio de verán. Lugar: Area recreativa de San Xoán, Guitiriz.

Sábado 27 de xuño, 22:00: roteiro nocturno 2015 en colaboración con Hábitat. Lugar: Area recreativa de San Xoán, Guitiriz.