Conferencia en Riba-Roja de Túria, Valencia, no marco da VI Jornada de Contaminación Lumínica, este ano co lema “Hacia el decrecimiento en contaminación lumínica”.
ArchivesCharlas da agrupación
Tecnoplanetario
Encontro español de planetarios. A Agrupación Ío colabora co evento e participa cunha charla sobre astronomía e movementos sociais.
II Xornadas sobre Contaminación Luminosa en Corme
Conferencias breves e coloquio sobre contaminación luminosa. “Plan Lumiere, un reto do presente”, por Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra; “A noite é necesaria” por Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío) e “A contaminación luminosa en Corme” con Suso Lista (A. C. Ínsua de Viastela).
Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas
Nuria Richer, coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha tese sobre Astronomía en España. Ademais, mostraranos máis mulleres referentes en Astronomía, así como as problemáticas en canto a xénero que aínda subxacen nesta disciplina hoxe en día.
Charla: “Navegación astronómica: as estrelas como guía”
Charla que imparte a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración co MUNCYT da Coruña.
Conferenciante: Xabier Pérez Couto, matemático, autor da canle de YouTube de divulgación de astronomía AstroXabi e socio da Agrupación Ío.
Descrición: Astronomía e navegación estiveron ligadas dende a fabricación dos primeiros barcos. Antes da invención do GPS e dos primeiros ordenadores o ceo estrelado servía de mapa e guía para quen se atrevía a navegar en alta mar. Nesta palestra-obradoiro da Agrupación Ío aprenderemos os fundamentos necesarios para orientarnos polas estrelas, incluso sen ter terra á vista, e fabricaremos un instrumento náutico que teremos a oportunidade de poñer en práctica na observación posterior.