Charla do noso compañeiro José Ramón Méndez sobre unha das ferramentas esenciais para toda persoa interesada pola natureza: os prismáticos. Que modelos existen? Que características e particularidades teñen? Como elixir os máis axeitados? Estas e moitas outras dúbidas terán resposta ao longo desta sesión. A actividade forma parte da iniciativa “Falando de natureza” que organiza o Grupo Naturalista Hábitat. Máis información, aquí.
ArchivesCharlas da agrupación
Charla de Martin Pawley: “A contaminación luminosa contada a través do cinema”
Conferencia do noso socio Martin Pawley sobre os diferentes aspectos e efectos da contaminación luminosa tomando como referencia diferentes películas da historia do cinema. Lugar: planetario da Casa das Ciencias.
Charla de Paula Neira: “Astronomía en Hogwarts”
IMPORTANTE!! ACTIVIDADE CANCELADA POR ALERTA DE TEMPORAL E PECHE DO PARQUE DE SANTA MARGARIDA. PROXIMAMENTE COMUNICAREMOS A NOVA DATA.
Charla da compañeira Paula Neira revisando a “Astronomía en Hogwarts” no Centro Cívico de Santa Margarida (zona auditorio).
Charla de José Ramón Méndez: “Historia da astronomía: do telescopio ao Big – Bang”
Charla do compañeiro José Ramón Méndez repasando a “Historia da astronomía: do telescopio ao Big – Bang” no local social do Grupo Naturalista Hábitat.
Conferencia sobre navegación astronómica
Conferencia sobre navegación astronómica e obradoiro de construción dun cuadrante mariño a cargo do noso socio Xabier Pérez Couto. Para público xuvenil e adulto (maiores de 12 anos).