ACTIVIDADE NON ABERTA AO PÚBLICO XERAL
Charlas arredor da exposición sobre contaminación luminosa no IES Urbano Lugrís para o alumnado de 2º ESO (de 11:45 a 12:35 e de 12:35 a 13:25).
ACTIVIDADE NON ABERTA AO PÚBLICO XERAL
Charlas arredor da exposición sobre contaminación luminosa no IES Urbano Lugrís para o alumnado de 2º ESO (de 11:45 a 12:35 e de 12:35 a 13:25).
Charla divulgativa sobre astronomía en conmemoración do Día de Rosalía.
Iniciativa para levar a divulgación da astronomía aos bares e cafeterías, nun formato de pequenas charlas arredor dun mesmo tema. Lugar: Ateneo Bar Cultural (R/ Reverendo Padre José Álvarez Cabeza, 1 baixo, 15011, A Coruña)
Conferencia sobre o proceso de normalización dos nomes oficiais en galego das 88 constelacións a cargo de Martin Pawley.
Conferencia e observación do ceo a simple vista e con prismáticos desde a horta da Casa de Rosalía en Padrón a cargo de Martin Pawley e Xabier Pérez Couto. Haberá unha única quenda, de 19:30 a 21:00, para explicar cuestións científicas sobre o ceo enriba das nosas cabezas, así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento. Convidamos ás persoas que asistan a que traian os seus propios prismáticos, se dispoñen deles, para a observación de obxectos de ceo profundo.
Información útil: entrada libre, uso obrigatorio de máscara segundo as recomendacións COVID vixentes.