Forcarei
Fotografía de Óscar Blanco

O próximo venres 19 de xuño no Observatorio Astronómico de Forcarei celébrase a Noite Efervescente, impulsada por terceiro ano consecutivo polo programa Efervescencia da Radio Galega, que conduce cada domingo ás 15h Manuel Vicente, e na que colabora a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña. Dende a primeira edición a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participa nesta festa da astronomía para todos, que desta volta tamén conta co apoio de Astronomía na Beirarrúa e a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura.

A actividade comezará a partir das 22 horas e a entrada é libre. Durante a mesma faremos unha observación do ceo, coñeceremos como funciona o observatorio e gravaremos unha edición especial do programa de radio Efervesciencia, que se emitirá o vindeiro domingo. Non faltedes!