Obradoiro de planisferios na Biblioteca da Casa Consulado

Obradoiro de planisferios na Biblioteca da Casa Consulado

Que: Neste obradoiro montaremos un planisferio celeste e aprenderemos a usalo para identificar as constelacións que podemos ver no ceo de Galicia en calquera noite da nosa vida e comprender como varía o firmamento co paso das horas e os días. Todo o material necesario (modelo do planisferio, tesoiras e pegamento) achégao a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Para persoas maiores de 10 anos. Necesaria inscrición previa a través deste formulario.

Onde: na Biblioteca da Casa Consulado (r/ Pintor Álvarez Sotomayor nº 1, 15001 A Coruña).

Cando: venres 30 de decembro ás 11:00.