Materiais didácticos

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío elabora materiais didácticos para o seu uso nas actividades que organiza. Nesta páxina porémolos á túa disposición con licenza de Recoñecemento e Uso non comercial

Hemisferios norte e sur

Moníptico coas constelacións dos dous hemisferios celestes, norte e sur, cos nomes das constelacións normalizados segundo a forma oficial aprobada pola Real Academia Galega en novembro de 2020. Contido: Martin Pawley (Agrupación Ío). Deseño: Marta Cortacans. Podes descargar o moníptico en PDF (172 KB).

O Sol, a nosa estrela

Moníptico sobre o Sol, a nosa estrela: a súa estrutura, datos fundamentais, distancias no sistema solar, esquema sobre a evolución estelar, fitos significativos no estudo e exploración solar e información sobre as eclipses de Sol que veremos na Coruña na próxima década. Contido: Carmen Denébola (Agrupación Ío). Deseño: Marta Cortacans. Podes descargar o moníptico en PDF (485 KB).

Mapa do ceo coas constelacións en galego

Mapa do ceo que se pode ver desde Galicia, cos nomes das constelacións normalizados segundo a forma oficial aprobada pola Real Academia Galega en novembro de 2020. Contido: Martin Pawley (Agrupación Ío). Deseño: Marta Cortacans. Podes descargar o moníptico en formato PDF (403 KB, inclúe mapa da Lúa).

Mapa da Lúa

Fotografía: Óscar Blanco. Deseño: Marta Cortacans. Podes descargar o moníptico en formato PDF (403 KB, inclúe mapa do ceo).

Caderno “Grandes ideas da astronomía” (2ª edición, decembro de 2020)

Tradución ao galego do documento da Unión Astronómica Internacional “Big Ideas in Astronomy”, que propón unha serie ordenada de conceptos chave da astronomía que deberían formar parte da cultura xeral de calquera persoa ben informada nesta materia. O proxecto foi liderado pola Universidade de Leiden e contou coa participación de astrónomos e astrónomas de diversos países do mundo.

A primeira edición en galego, publicada en papel e en formato dixital, data de decembro de 2019. Esta nova versión, corrixida e revisada, inclúe os pequenos cambios introducidos na segunda edición inglesa. Publicación feita co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses. Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Maquetación: Marta Cortacans.

Tes dúas maneiras de acceder ao caderno:

-Lectura en liña a través de Slideshare.

-Descarga directa do caderno en formato PDF (5,6 MB).

Instrucións para localizar a estrela Rosalía de Castro (2ª versión, 2021)

Contido: Martin Pawley (Agrupación Ío). Fotografía da estrela Rosalíadecastro: Óscar Blanco. Deseño: Marta Cortacans. Tamén podes descargar o moníptico en formato PDF (257 KB, inclúe mapa do ceo). Editado pola Fundación Rosalía de Castro co gallo do 50º aniversario da Casa de Rosalía.