Actividades baixo demanda

Elaboramos un catálogo de experiencias e actividades relacionadas coa astronomía, perfectamente adaptables ás necesidades da túa institución (escola, biblioteca, concello, asociación…).

A través delas gustaríanos contribuir a despertar a curiosidade en pequenos e maiores, así como achegarnos a todos os colectivos, baixo a idea de que unha ciencia inclusiva, equitativa e diversa é unha mellor ciencia.

Se tes calquera dúbida estaremos encantados de atenderte. Contacta connosco en formacion@agrupacionio.com

Exposicións

10 exposicións relacionadas coa astronomía  en diversos formatos. No seguinte PDF podes ver as temáticas, tamaños e outros detalles: presentación das exposicións.

Obradoiros

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío temos planificado 4 obradoiros deseñados para diversidade de contextos, ademais temos un contacontos pensado para a infancia. No seguinte PDF podes ver o detalle de temáticas e recomendacións asociadas a cada obradoiro: presentación dos obradoiros.

Charlas

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío temos desenvolvido numerosas charlas sobre temáticas diversas. No seguinte PDF podes ver unha mostra dalgunhas das charlas desenvoltas: presentación das charlas.