Que? Obradoiro de caixas estenopeicas para aprender a observar o Sol de forma segura durante a eclipse do 12 de agosto. As persoas participantes construirán a súa propia caixa e coñecerán como se producen as eclipses solares.
Onde? No Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba.
Cando?
- Luns 20 de xullo de 2026. Haberá dúas quendas: de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 h.
- Martes 21 de xullo de 2026. Haberá dúas quendas: de 10:00 a 12:00 h e de 12:00 a 14:00 h.
Como? Actividade con inscrición previa no Punto de Información da Casa do Concello ou no teléfono 982 51 03 05. As prazas son limitadas e os menores de 8 anos deberán acudir cunha persoa adulta. Se o tempo o permite, realizarase unha observación solar no exterior.