Este verán asociarse á Agrupación Astronómica Coruñesa Ío ten premio. Desde agora e até fin de existencias, as persoas que se dean de alta como socias recibirán un calendario 2021 como agasallo, en colaboración co proxecto de divulgación da astronomía Ceos Galegos. Podedes saber máis sobre como asociarvos nesta ligazón. Aproveitade a ocasión!