Asóciate!

Se a astronomía é a túa paixón, non o dubides, únete a Ío! 😉

Non fai falla moito para pertencer a Ío, tan só ganas de gozar coa astronomía e unha cota de 30€ anuais que se destina a manter o material e os proxectos que se desenvolven de acordo cos fins da Agrupación. Ser membro de Ío dá dereito a participar en todas as actividades da agrupación, a usar o material común, a poder pedir prestados os libros da biblioteca da Agrupación Ío e á entrada gratuíta á Casa das Ciencias e o planetario da Coruña [1]. Tamén pretendemos que asociarse a Ío teña cada vez máis vantaxes grazas á xenerosidade de diversas empresas que colaboran con nós. Podes consultar esas vantaxes nesta ligazón.

Podes solicitar o formulario de alta escribindo a tesorero@agrupacionio.com e comunicando o teu interese en facerche socie. Nun tempo prudente, pero non inmediato, recibirás responsta da Tesourería con toda a información que precisas. Se tes algunha dúbida que poidamos axudarte a resolver, podes comunicala neste mesmo correo e contestaremos o antes posible.

Nota [1]: A entrada gratuita á Casa das Ciencias e Planetario da Coruña é válida só para persoas coa condición de socia “numeraria”, “xuveníl”, “familiar”, “honoraria” e “benfeitora”. Quedan excluidas, como é lóxico, as “entidades colaboradoras”.