O Proxecto Amanar, creado en 2019 co obxectivo de inspirar a través da astronomía ás nenas e nenos procedentes dos campos de refuxiados saharauís preto da cidade de Tinduf (Alxeria), volve nunha nova edición no verán de 2023. Durante os meses de xullo e agosto, o equipo de Amanar, grazas ao apoio e coordinación de institucións e asociacións locais, levará a cabo actividades educativas coa rapazada que reside temporalmente no verán con familias de acollida españolas dentro do programa “Vacacións en Paz”. As actividades, gratuítas e abertas tamén a todos os membros das familias de acollida, terán lugar na Coruña, Barcelona, Granada, Madrid, Sagunto e Tenerife.

O Proxecto Amanar naceu como un proxecto divulgativo para inspirar á comunidade saharauí a través da observación do Universo e o desenvolvemento de habilidades científicas, así como para fomentar o sentido de unidade baixo o mesmo ceo. O programa de actividades para o ano 2023 incluirá visitas a observatorios astronómicos, planetarios e museos científicos, así como sesións de observación con telescopios, charlas e obradoiros. Durante os eventos, tanto os nenos e nenas saharauís como as súas familias de acollida terán a oportunidade de explorar o Cosmos e desenvolver a súa creatividade da man de persoas expertas en astrofísica e comunicación. Toda a información, incluíndo datas e horarios, será comunicada a través da páxina web de Amanar e nas canles oficiais dos responsábeis locais: Agrupación Astronómica Coruñesa Ío (A Coruña), Instituto de Astrofísica de Andalucía (Selecta), ESA CESAR (Madrid), Instituto de Astrofísica de Canarias (Tenerife), Instituto de Ciencias do Espazo (Barcelona), Observatorio da Universidade de Valencia (Valencia) e Asociación Sapiencia (Sagunto, Valencia).

Foto de grupo actividades en escola nos campos de refuxiados saharauis en 2019. Créditos: GalileoMobile /Felipe Carelli.

O Proxecto Amanar, ideado pola asociación GalileoMobile, contou ao longo da súa traxectoria co apoio crecente de institucións científicas internacionais, tales como a Oficina da Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) e a Oficina de Divulgación da Astronomía (OAO) da Unión Astronómica Internacional (IAU), o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Cherenkov Telescope Array Observatory (CTAO), o Gran Telescopio de Canarias (GTC), a Colaboración Virgo, Universe Awareness (UNAWE), Galileo Teacher Training Programme (GTTP), o Observatorio da Universidade de Leiden, a Europlanet Society ou a Asociación Canaria de Solidaridad con el Pueblo Saharauí, entre outros. En 2019, ano de lanzamento, realizáronse actividades nas Illas Canarias, así como nos propios campos de refuxiados en Alxeria. En 2020 e 2021, debido ás restricións da pandemia, o programa se reformuló como un taller online con profesores de Tinduf a través de WhatsApp. En 2022, retomáronse as actividades presenciais en España e expandíronse a localidades peninsulares. En total, as actividades de Amanar alcanzaron ao redor de 750 nenos e nenas, 85 profesores e 200 persoas do público xeral.

Amanar foi seleccionado en 2019 como “Proxecto especial” dentro das actividades do centenario da IAU e galardoado co Premio Falling Walls en 2020.

Podedes ler máis sobre o proxecto e as últimas noticias sobre as iniciativas do programa de verán 2023 de Amanar na páxina web do Proxecto Amanar.