IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Maio 2017 #2

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Revista “Communicating Astronomy with the Public” – Recepción de traballos
2) Código Cósmico: Primeiro Contacto
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Guatemala
4) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
5) O ESO e os seus parceiros lanzan innovador sistema de planetario Data2Dome
6) Astrobites
7) Apoia a asistencia de estudantes ao WAISSYA2017
8) Visita o novo sitio web de ALMA
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

0) Nota dos editores

A Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento lanzou a súa convocatoria de apoios 2017, este ano con novos procedementos de solicitude. A data límite de inscrición para a primeira fase é o 31 de maio. Non perdas a oportunidade de concorrer cos teus proxectos!

O 30 de xuño o mundo celebrará o Día do Asteroide. Tedes algún plan? No sitio web do proxecto podes atopar unha morea de recursos útiles e pistas para organizar a túa actividade do Día do Asteroide.

Neste número, destacamos o Simposio Internacional de Museos de Leiden, o lanzamento do sistema de programación de planetarios Data2Dome e a recepción de traballos para a revista Communicating Astronomy with the Public.

Feliz lectura e ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Revista “Communicating Astronomy with the Public” – Recepción de traballos

A revista “Communicating Astronomy with the Public” é unha publicación gratuíta con revisión por pares orientada a divulgadores da astronomía, e está dispoñíbel tanto na rede como en papel. Animamos aos lectores a propoñer artigos e recensións sobre comunicación da astronomía para calquera das nosas seccións: Anuncios, Recensións, Investigación e aplicacións, Recursos, Boas prácticas, Opinión ou Columna. Tamén son benvidas as cartas ao editor. Se non tes un artigo completo listo para enviar, podes enviar un resumo para a súa consideración a editor[at]capjournal.org e comentaremos se é apropiado para a revista.

Podes atopar máis información e todos os números do CAPjournal aquí: https://www.capjournal.org/

2) Código Cósmico: Primeiro Contacto

Código Cósmico: Primeiro Contacto é un proxecto que anima a introducir a programación nun contexto astronómico nas comunidades rurais de Zululandia, en Sudáfrica. Moitas destas comunidades non tiveron aínda experiencia coas tecnoloxías da información, coma os ordenadores. Este proxecto servirá como primeiro punto de contacto, introducindo os ordenadores nas comunidades a través da programación, e cunha ligazón directa a como a astronomía emprega a programación para controlar de forma remota robots de exploración planetaria e satélites en órbita.

Descubre máis sobre este proxecto apoiado pola Oficina IAU 2017 de Astronomía para o Desenvolvemento aquí: http://www.astro4dev.org/blog/category/tf2/cosmic-code-first-contact/

3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Guatemala

“De Guate al Cosmos” é unha iniciativa que intenta promover a astronomía e a física entre o público xeral. De maio a setembro terá lugar unha serie de actividades, como unha exposición de astrofotografía, conferencias e un obradoiro, para amosarlles tanto aos nenos como aos adultos o fascinante que é o estudo do cosmos e fomentar o interese no emocionante mundo da ciencia na xente de Guatemala. As actividades están organizadas pola Escola de Ciencias Físicas e Matemáticas da Universidade de San Carlos de Guatemala, en colaboración co Museo da Universidade de San Carlos de Guatemala e a Casa Santo Tomás de Aquino, co apoio da Oficina IAU de Divulgación Astronómica e o Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

Podes atopar máis información aquí (en español): http://ecfm.usac.edu.gt/deguatealcosmos/

4) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos

Os espazos públicos como os centros de visitantes ou museos achegan a investigación astronómica ao público. Un desafío común destes espazos é como presentar a astronomía moderna dun xeito tanxíbel cando as observacións astronómicas están cada vez máis automatizadas e se efectúan e distribúen de forma remota. O obradoiro terá lugar en Leiden, Países Baixos, do 27 ao 29 de setembro e explorará diferentes aspectos da experiencia dos visitantes a espazos de ciencia como os museos de astronomía, planetarios, centros de visitantes e observatorios públicos. Esta actividade está coorganizada pola Universidade de Leiden e é unha secuela do Simposio Internacional do Museo NAOJ que tivo lugar ne Toquio en 2015.

Podes inscribirte e enviar propostas aquí e obter máis información:
https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/

5) O ESO e os seus parceiros lanzan innovador sistema de planetario Data2Dome

Data2Dome é un novo sistema gratuíto para planetarios que ofrece a colección completa de imaxes e vídeos dos telescopios do ESO. Ofrece tamén asombroso material fulldome, modelos 3D e música, así como as últimas notas de prensa e blogs de todas as organizacións astronómicas e espaciais en todo o mundo, a golpe de click e de balde! O módulo AstroCalendar Data2Dome achega referencias diarias de acontecementos astronómicos como lanzamentos de sondas espaciais, aliñacións planetarias, aniversarios históricos e moito máis. Este proxecto é unha parcería do Observatorio Europeo do Sur (ESO), Evans & Sutherland e a Sociedade Planetaria Internacional.

Podes atopar máis información aquí: http://www.eso.org/public/announcements/ann17019/

6) Astrobites

Astrobites é unha publicación astrofísica diaria que manteñen dende 2010 estudantes de astronomía co ánimo de presentar un artigo interesante cada día. A revista preséntase nun formato breve práctico para estudantes de ciencias físicas interesados na investigación. Os lectores de Astrobites poden non só aprender en apenas cinco minutos algo sobre un tema interesante de actualidade na ciencia, senón tamén ampliar a súa visión da investigación nunha nova área da astronomía.

Para ler Astrobites, visitade o sitio web oficial aquí: https://astrobites.org/

Astrobites en español: https://astrobitesenespanol.wordpress.com/

7) Apoia a asistencia de estudantes ao WAISSYA2017

A Escola de Verán Internacional de Mozos Astrónomos do Oeste de África (WAISSYA) é un curso breve de astronomía para estudantes universitarios de ciencias de todo o oeste africano. En 2017 celebrarase en Accra, Ghana, en agosto de 2017, aloxado polo Instituto de Ciencia e Tecnoloxía do Espazo de Ghana e a organización solicita apoio para facilitar a presenza de máis estudantes. WAISSYA é unha colaboración entre científicos do Oeste de África, Canadá e Alemaña e dende 2013 tivo lugar dúas veces en Nixeria. Os seus alumnos están agora participando en programas de grao en Canadá, Portugal e Camerún, prestando servizo como profesores, científicos e enxeñeiros.

Para máis información, visitade o sitio web: https://www.generosity.com/education-fundraising/astronomy-summer-school-in-west-africa–2

8) Visita o novo sitio web de ALMA

O Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA) está operado por diversos países do leste de Asia, incluídos Xapón, Taiwan e Corea, por Norteamérica, incluídos os EEUU e Canadá, e polos 16 estados membros do Observatorio Europeo do Sur en cooperación coa República de Chile onde ALMA está localizado. Esta semana o Observatorio Astronómico Nacional de Xapón lanzou un novo sitio web ALMA. Neste sitio completamente renovado e adaptado para dispositivos móbiles, ademais das habituais imaxes espectaculares, o equipo achega unha perspectiva actualizada e “entre bastidores” dos asuntos mediante artigos e vídeos que destacan o importante traballo feito polos profesionais que operan ALMA.

Visita o novo sitio web de ALMA aquí: https://alma-telescope.jp/en/

9) Encontros e actividades globais en 2017

Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadidos hai pouco

15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18

Datas importantes

Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

Próximas actividades

a) Mulleres na Astronomía IV: as numerosas caras das mulleres astrónomas
Data: 9-11 de xuño de 2017
Lugar: Austin, Texas
Máis información: http://bit.ly/2kgLbsL

b) Telescopios Robóticos, conferencia sobre investigación e educación estudantil
Data: do 18 ao 22 de xuño de 2017
Lugar: San Diego, California (EEUU)
Máis información: http://rtsre.org/

c) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com

d) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp

e) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

f) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/

g) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/

h) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/

i) Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0

l) Conferencia Global Hands-On Universe (GHOU) 2017 + Galileo Teacher Training Program (GTTP) International Workshop 2017
Datas: do 15 ao 21 de agosto de 2017
Lugar: Western Kentucky University, Bowling Green, Kentucky, US
Máis información: http://handsonuniverse.org/ghou2017/

m) Escola de verán de comunicación da ciencia Euro-Mediterráneo e Oriente Medio (EMME)
Data: do 10 ao 15 de setembro de 2017
Lugar: Nápoles, Italia
Máis información: http://www.cittadellascienza.it/emme2017/

n) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/

ñ) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/

o) Obradoiro Museos de Astronomía, Centros de Visitantes e Observatorios Públicos
Data: do 27 ao 29 de setembro de 2017
Lugar: Leiden, Países Baixos
Máis información: https://www.communicatingastronomy.org/visitorexperience/

p) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/

q) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

r) .Astronomy
Data: do 14 ao 17 de novembro de 2017
Lugar: Cidade do Cabo, Sudáfrica
Máis información: http://dotastronomy9.saao.ac.za/

s) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/

t) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18

u) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas

-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.