Boletín de Divulgación da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía (IAU OAO)

Febreiro #2

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) A conferencia CAP faise virtual en 2021
2) A IAU OAD lanza novo boletín
3) Novas NOC: captación de fondos en Bahréin
4) Novas NOC: premio á divulgación pública en astronomía para o NOC India
5) Novas NOC: instalación portátil de ciencia e arte SUN
6) Posto científico na Universidade de Leiden
7) Artigos para a revista Frontiers for Young Minds
8) SKA obtén o status de organización intergobernamental
9) Repositorio de actividades e recursos en liña
10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Un dos eventos clave para a Oficina IAU de Divulgación da Astronomía vai ser virtual. A próxima conferencia Comunicar astronomía co público (CAP) celebrarase en liña do 24 ao 27 de maio; dámosvos máis detalles a continuación. Tamén damos conta dalgunhas oportunidades para os comunicadores e as comunicadoras de astronomía que queiran facer investigación.

Dámoslle os parabéns ao noso coordinador de divulgación nacional da IAU na India, Samir Dhurde, por gañar un premio de divulgación e a un dos nosos socios, a organización do Square Kilometer Array, por obter o status de organización intergobernamental. Neste boletín hai máis información sobre estes logros.

O boletín contén ademais actualizacións da nosa oficina irmá, a Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento, e información sobre novos proxectos de NOCs da IAU.

Por último, este mes está cheo de moitos eventos arredor de Marte – tres chegadas de naves espaciais e unha conxunción – polo que a sección de eventos e recursos inclúe algunhas formas de aprender máis sobre o planeta.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía (OAO) da IAU

1) A conferencia CAP faise virtual en 2021

A próxima conferencia Comunicar astronomía para o público (CAP) celebrarase en liña do 24 ao 27 de maio de 2021 co lema “Comunicar a astronomía co público nunha era de crise global”. Grazas ao financiamento da Fundación Kavli, a conferencia será gratuíta para todas as persoas asistentes. Achéganse rapidamente os prazos para enviar resumos e solicitudes de apoio. A próxima conferencia presencial do CAP está provisionalmente prevista para principios de 2022 en Sydney, Australia.

Máis información: https://iau.org/news/announcements/detail/ann21007/

2) A IAU OAD lanza novo boletín

A Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD) lanzou un novo boletín con actualizacións sobre as súas actividades de outubro a decembro de 2020, como os esforzos de mitigación da COVID-19 e as actividades das oficinas rexionais.

Podes lelo nesta ligazón: https://cloudcape.saao.ac.za/index.php/s/jbMozGhNknwS8Vv

3) Novas NOC: captación de fondos en Bahrain

A nosa coordinadora nacional de divulgación da IAU (NOC) en Bahrain, Myriam Alqassab, e o club de astronomía Bahrain Stargazers están a recadar fondos para adquirir equipamento astronómico para eventos da comunidade, como observacións de estrelas, seminarios e talleres en Bahrein. Todos os beneficios obtidos destinaranse á compra destes equipos.

Máis información: https://www.bonfire.com/store/bahrain-stargazers/

4) Novas NOC: premio á divulgación pública en astronomía para o NOC India

O noso coordinador nacional de divulgación (NOC) para a India, Samir Dhurde, recibiu o premio Zubin Kembhavi da Sociedade Astronómica da India polo seu traballo na divulgación e educación pública da astronomía. Parabéns, Samir!

Máis información: https://www.astron-soc.in/asi_zubin_kembhavi_award

5) Novas NOC: SUN, instalación de arte e ciencia

O noso coordinador nacional de divulgación da IAU (NOC) no Reino Unido, Robert Walsh, forma parte do equipo que creou SUN, unha instalación artística de sete metros baseada en datos do Solar Dynamic Observatory da NASA. Os grupos interesados en levar a instalación poden contactar co equipo SUN para obter máis información.

Para saber máis: https://seethesun.org/about

6) Posto científico na Universidade de Leiden

A Universidade de Leiden está a buscar un científico ou unha científica de proxecto para apoiar o desenvolvemento dun proxecto Horizonte 2020 no campo da comunicación científica nun contexto global.

Máis información: https://www.universiteitleiden.nl/en/vacancies/2021/q1/21-063-project-scientist—public-engagement-with-science

7) Artigos para a revista Frontiers for Young Minds

A revista Frontiers for Young Minds acepta artigos sobre astronomía ou ciencias do espazo, xa sexan sobre investigacións recentes ou sobre “conceptos básicos”. Esta revista única convida os investigadores e investigadoras a escribir de forma simplificada sobre a súa investigación nun artigo que será logo revisado por estudantes. Non hai que pagar ningunha taxa para colaborar nesta publicación de acceso aberto.

Máis información: https://kids.frontiersin.org/participate/authors

Grazas a Edward Gómez por compartir con nós esta noticia.

8) SKA obtén o status de organización intergobernamental

O Observatorio Square Kilometer Array (SKA) converteuse nunha organización intergobernamental. É só a segunda relacionada coa astronomía despois do Observatorio Europeo do Sur (ESO), polo que é un paso importante para a comunidade astronómica no seu conxunto.

Máis información: https://www.skatelescope.org/news/skao-is-born/

Grazas a Mathieu Isidro por compartir con nós esta noticia.

9) Repositorio de actividades e recursos en liña – Edición COVID-19

Recursos

Sitio web da Misión Emirate Mars
Coñece a misión Emirate Mars e xoga cun cuestionario sobre Marte
Ligazón: https://www.emiratesmarsmission.ae/

Kit de ferramentas CTEM de Marte 2020
Actividades para nenos e nenas sobre Marte e o todoterreo Perseverance
Ligazón: https://www.nasa.gov/stem/nextgenstem/moon_to_mars/mars2020stemtoolkit

Mes da exploración de Marte
Un mes de celebracións con presentacións en directo e gravadas sobre Marte en malaio e inglés a cargo de Apadilangit
Ligazón: https://apadilangit.com/mars/

Podedes ver a listaxe completa de recursos e eventos en liña aquí: https://docs.google.com/document/d/1RgKVmO-JkuiWMV55syx3EwUS2-hnYcJ72Ks3HLKex2A/edit?usp=sharing

10) Boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía noutros idiomas

O noso boletín ten tradución aos seguintes idiomas:

Árabe: https://stargazersbh.wixsite.com/bsac/iau
Traducións grazas aos membros do Club de Observación Astronómica de Bahrain.

Español: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html
Traducións grazas a Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua.

Francés: https://haitiastronomie.blogspot.com/p/bulletin-dinformationde-luai-sur.html
Traducións grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astronómica Haitiana.

Galego: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
Traducións grazas a Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en España.

Italiano: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last
Traducións grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.

Portugués (europeo): https://drive.google.com/drive/folders/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing
Traducións grazas a Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica.

Xaponés: http://bit.ly/2xlNyCR
Traducións grazas a Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados (http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html) ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía (http://www.tenkyo.net/).

Se queredes traducir o noso boletín ao voso idioma, por favor escribídenos a public@oao.iau.org.

11) Contribucións ao boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía

Estamos sempre na busca de noticias sobre divulgación astronómica en todo o mundo para incluílas no seguinte boletín da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía. Se tedes algún evento astronómico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgación astronómica, enviádenos un correo a public@oao.iau.org con máis información.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podedes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.