Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Marzo 2020 #2 – Edición especial sobre recursos en liña

Neste boletín:

0) Nota editorial
1) Recursos astronómicos para estudantes, público xeral e docentes
2) Proxectos de ciencia cidadá
3) Fica na casa co #AstroAtHomeChallenge da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía
4) Faite voluntario/a da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento
5) Refresca os teus coñecementos astronómicos con recursos en liña
6) Fala por Skype cun científico ou unha científica
7) Recursos en liña para docentes e profesionais da divulgación
8) Postúlate para colaborar co Observatorio Las Cumbres
9) Sesións en liña para o público
10) Boletín Informativo de Divulgación de Astronomía da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao Boletín de Divulgación da IAU

0) Nota editorial

Prezados amigos, amigas e colegas,

Á luz da crecente pandemia do COVID-19, nós na OAO unimos forzas coas outras oficinas da Unión Astronómica Internacional coa seguinte mensaxe:


Unha chamada á acción das oficinas da Unión Astronómica Internacional

Esta é unha chamada á acción urxente durante esta pandemia global sen precedentes, mentres o mundo loita para conter a propagación do COVID-19. Necesitamos facer o que poidamos para atacar a pandemia e os seus efectos colaterais na sociedade.

Cremos que a comunidade astronómica e a máis ampla da ciencia teñen unha grande gama de coñecementos e recursos que poden axudar na situación actual. Así, queremos facilitar que a xente poida contribuír activamente coas súas capacidades (tratamento de datos, experiencia en comunicación, programación, visualización etc). Para axudar a todo o mundo cos prolongados períodos de confinamento, estamos ademais reunindo recursos astronómicos dixitais e actividades de lecer que podedes facer nas vosas casas para mantervos, vós e os vosos fillos e fillas, ocupados e entretidos.

Cos mellores desexos,

Oficina IAU de Divulgación Astronómica (OAO, polas siglas en inglés)

Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD)

Oficina IAU de Astronomía para a Educación (OAE)

Oficina IAU para Mozos e Mozas Astrónomos


Este boletín incluirá algúns dos recursos reunidos grazas a esta chamada á acción. Se queres engadir máis recursos, por favor enche este formulario de Google.

Desexámosvos os ceos máis despexados e boa saúde,

Lina Canas e Izumi Hansen, en nome do equipo da Oficina de Divulgación de Astronomía da IAU

1) Recursos astronómicos para estudantes, público xeral e docentes

As oficinas da IAU están compilando recursos relacionados coa astronomía para estudantes, público xeral e docentes. Un bo número deses recursos están recollidos neste boletín; aceptamos con gusto suxestións para ampliar a listaxe. Podes atopar a listaxe completa e actualizada nas seguintes ligazóns:

Google Doc: https://bit.ly/3dqvCty

Sitio web da Oficina IAU para a Divulgación da Astronomía: https://www.iau.org/public/callforonlineresources/

2) Proxectos de ciencia cidadá

Axuda aos equipos de investigación a reunir ou procesar datos por medio de iniciativas de ciencia cidadá. Proba con algunhas desta listaxe:

Gravity Spy: https://www.zooniverse.org/projects/zooniverse/gravity-spy

LIGO E-lab: https://www.i2u2.org/elab/ligo/home/project.jsp

Einstein@Home: https://einsteinathome.org/

Space Warps: https://www.zooniverse.org/projects/aprajita/space-warps-hsc

Planet Hunters: https://www.zooniverse.org/projects/nora-dot-eisner/planet-hunters-tess/about/research

SETI@Home: https://setiathome.berkeley.edu/index.php

Rad@Home: https://www.radathomeindia.org/

RadioJOVE: http://radiojove.gsfc.nasa.gov/

TheSkyNet: http://www.theskynet.org/

Planet Four: Terrains: http://terrains.planetfour.org/

MoonZoo: http://www.moonzoo.org/

Scope: http://scope.pari.edu/

MeteorCounter: http://meteorcounter.com/

The Great World-Wide Star Count: http://www.windows2universe.org/starcount/

Agent Exoplanet: http://portal.lcogt.net/agentexoplanet/

NASA Citizen Science projects: https://science.nasa.gov/citizenscience

Galaxy Cruise: https://galaxycruise.mtk.nao.ac.jp/en/index.html

3) Fica na casa co #AstroAtHomeChallenge da Oficina IAU de Divulgación da Astronomía

A Oficina IAU de Divulgación da Astronomía promoverá desafíos astronómicos cada semana nas redes sociais. Cal é o desafío esta semana? Proba un proxecto de ciencia cidadá durante trinta minutos ao día. Cóntanos nas redes sociais o que aprendiches cos cancelos #AstroAtHomeChallenge e #IAUoutreach e compartiremos os descubrimentos máis chulos cando o desafío remate. Anunciaremos novos desafíos cada semana.

Podes seguir os nosos desafíos aquí:

Facebook da IAU OAO: https://www.facebook.com/IAUoutreach/

Twitter da IAU OAO: https://twitter.com/IAU_Outreach

4) Faite voluntario/a da Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento

Podes ofrecer as túas capacidades en modo remoto para colaborar coa Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento (OAD). Apúntate á listaxe de correo de voluntariado: http://www.astro4dev.org/volunteers/

Se tes algunha tarefa que precise do voluntariado, fala coa oficina OAD rexional da túa zona ou contacta connosco (info[at]astro4dev.org) para incluírmos esa tarefa no portal de Voluntariado IAU OAD.

Sitio web de Voluntariado IAU OAD: https://ddi.iucaa.in/OVP

5) Refresca os teus coñecementos astronómicos con recursos en liña

Hai moitos recursos en liña que poden axudarte a refrescar os teus coñecementos astronómicos. Aquí tes algúns que podes usar:

“Astronomy”
Libro de texto gratuíto para un curso universitario de introdución á astronomía. Entre os autores están Andrew Fraknoi, David Morrison e Sidney Wolff. Feito en colaboración co Proxecto OpenStax da Universidade Rice.
http://openstax.org/details/astronomy

Cambridge University Press
Varios libros de texto de educación superior. Acceso gratuíto en liña até final de maio de 2020.
https://www.cambridge.org/core/what-we-publish/textbooks

MOOCs de astronomía en varias plataformas. A maioría dos cursos son cursos en liña gratuítos de nivel universitario: cursos MOOC

Conferencias astronómicas de Silicon Valley
Figuras da ciencia ben coñecidas discuten a astronomía de forma accesíbel para calquera persoa.
https://www.youtube.com/user/SVAstronomyLectures/featured

6) Fala por Skype cun científico ou unha científica

“Skype a Scientist” organiza encontros entre escolas e científicos e científicas e promove conversas en liña con profesionais da ciencia e o público xeral, cun bo número de eventos programados ao longo de maio. Acéptanse propostas de científicos e científicas de calquera disciplina que queiran sumarse a falar con estudantes de todo o mundo.

Máis información: https://www.skypeascientist.com/

7) Recursos en liña para docentes e profesionais da divulgación

Moitos de nós estamos cambiando ao teletraballo, se non o fixemos xa, e necesitamos facer a transición do traballo en persoa ao traballo en liña. Hai moitos recursos dispoñíbeis para facilitar esta transición, así como para o desenvolvemento profesional.

Guía PhysPort para desenvolver cursos de física e astronomía en liña: https://www.physport.org/recommendations/Entry.cfm?ID=119906

Coronavirus Tech Handbook (ferramentas para a escola e a universidade): https://coronavirustechhandbook.com/education

Información e recursos para a docencia en liña da Sociedade Astronómica Americana: https://aas.org/education/aas-responds-increased-online-instructional-needs

Cursos gratuítos de desenvolvemento profesional a través da European Schoolnet Academy: https://www.europeanschoolnetacademy.eu/

8) Postúlate para colaborar co Observatorio Las Cumbres

O Observatorio Las Cumbres acepta solicitudes para que novos parceiros educativos se sumen ao seu programa Global Sky Partner. Buscan “xente ou grupos con ideas interesantes, atractivas e innovadoras para proxectos educativos en astronomía”, que poidan utilizar a rede do telescopio robótico LCO de 0,4m. O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de abril de 2020 e os proxectos deben desenvolverse entre o 1 de xuño de 2020 e o 31 de maio de 2021.

Para saber máis información e facer a solicitude, visita o sitio web https://lco.global/news/global-sky-partners-2020b/

9) Sesións en liña para o público

Hai varias actividades en liña nos próximos días coas que aprender astronomía. Aquí sinalamos algunhas:

a) Descubre o universo

A diario. Dirixido a estudantes de primaria. Sesións educativas en liña.

En inglés: https://www.discovertheuniverse.ca/post/astro-at-home

En francés: https://www.decouvertedelunivers.ca/post/astro-%C3%A0-la-maison

b) Chat en Facebook Live co Museo Nacional do Aire e o Espazo dos EEU

Cada xoves ás 13:00 EDT. Nenos e nenas, estudantes e entusiastas do aire e o espazo. Un experto diferente responde preguntas cada semana.

Máis información: https://www.facebook.com/airandspace/posts/10156825265107797

c) Semana solar

Do 23 ao 27 de marzo de 2020. Dirixido a rapaces e rapazas entre 9 e 14 anos. Faille preguntas a científicos e científicas sobre o Sol, os fenómenos solares, a enerxía solar e as misións solares da NASA.

Máis información: http://multiverse.ssl.berkeley.edu/Solar-Week

d) Mes global da astronomía

Abril de 2020. Para todas as idades. Hai moitas actividades en liña promovidas por Astronomía Sen Fronteiras.

Máis información: https://www.astronomerswithoutborders.org/gam2020-programs/program-schedule-2020.htm

Comparte as túas actividades de divulgación astronómica con nós no correo electrónico outreach@iau.org.

10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

Tes interese en traducir o noso boletín ao teu idioma? Por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

O boletín é traducido aos seguintes idiomas:

-Tradución ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Tradución ao portugués europeo elaborada por Catarina Leote, João Ferreira e Jonas Souza a través do grupo de lingua portuguesa da Rede de Tradución Astronómica (o último número do boletín está aquí).

-Tradución ao español, elaborada por Emilio Zúñiga, da Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

-Tradución ao galego, por Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Tradución ao italiano, feitas por Eleonora Piromalli, AstronomiAmo, de Italia, nesta ligazón: https://www.astronomiamo.it/DivulgazioneAstronomica/Newsletter-IAU/last

-Tradución ao ruso, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astronómico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as últimas traducións do boletín aquí.

11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2020!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Podedes enviarnos as vosas suxestións até o día 4 de cada mes (para o primeiro boletín) e até o 17 (para o segundo boletín). Desexamos recibir noticias vosas!

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.