A finais de decembro o documentalista Sriram Murali puxo a disposición de todo o mundo o seu filme “Saving the Dark” (Salvar a escuridade), feito en colaboración coa International Dark-Sky Association. En 2019 fixemos presentacións deste filme en Galicia e Asturias e agora compartimos con vós os subtítulos en galego e español que preparamos daquela a través da plataforma Amara. Nestes días nos que precisamos quedar na casa para aplanar a curva, a ciencia non debe faltar no noso menú. Bo proveito!