IMG-20150623-WA0001

O próximo IMG-20150623-WA0002sábado 27 de xuño a Agrupación Ío e o Grupo Naturalista Hábitat organizan unha marcha nocturna na área recreativa San Xoán, en Guitiriz. O encontro está marcado sobre as 22:00 para saír a iso das 22:45. O roteiro, duns sete quilómetros en total, é sinxelo e durante o mesma os participantes recibirán explicacións sobre orientación coa bóveda celeste e aprenderán a recoñecer o ceo de verán. Ademais, os membros de Hábitat nos guiarán pola fauna e flora nocturna e con eles escoitaremos as aves e detectaremos as pegadas dos animais. A duración estimada é de tres horas.

A previsión meteorolóxica é favorábel, mais hai que ter en conta que as noites son frescas polo que convén levar algunha roupa de abrigo.  Non é preciso apuntarse previamente, quen queira sumarse ao roteiro deberá estar no lugar de encontro á hora indicada.