Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Febreiro 2018 #2
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) O número 23 da revista “Comunicar Astronomía ao Público” xa está en liña
2) Starmus V – Programa estelar para 2019
3) Celebrade o Día Internacional da Luz con NASE
4) Divulgación para o Desenvolvemento: Astronomía para crear medios de vida no Himalaia
5) Novas do Xapón
6) Novas de Chipre
7) Novas de Bangladés
8) Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (ISEC)
9) Encontros e actividades globais de 2018
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2018!
0) Nota dos editores
Encontra as últimas noticias relacionadas coa IAU no número 23 da revista Communicating Astronomy with the Public (Comunicar Astronomía ao Público). A IAU é unha organización parceira do V Festival Starmus e a edición de 2019 será especial. O Grupo de Traballo IAU para a Educación Astronómica na Escola (NASE) desafía ao profesorado a participar nas celebracións do Día Internacional da Luz cunha actividade especial.
Neste boletín queremos destacar o proxecto “Coro estelar” no Xapón, a Radio Amadora na Estación Espacial Internacional (Amateur Radio on International Space Station, ARISS) de Chipre e o Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (International Science Engagement Camp, ISEC).
O noso boletín xunta actividades, recursos e eventos relacionados coa educación e divulgación astronómica arredor do mundo. Este labor non sería posíbel sen a colaboración enérxica de toda a comunidade mundial. O noso equipo quere mandarvos a todas as persoas que nos axudades un grande e cálido agradecemento pola incansábel inspiración que sodes para nós.
Desexámosvos unha feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) O número 23 da revista “Comunicar Astronomía ao Público” xa está en liña
O número 23 da revista Comunicar Astronomía ao Pública xa está dispoñíbel. Neste número descubriredes os próximos plans para celebrar o centenario da Unión Astronómica Internacional, os interesantes primeiros resultados da influencia da astronomía no comportamento dos nenos e nenas, e xeitos orixinais de usar a gastronomía para a divulgación astronómica. A revista CAP é unha publicación gratuíta e revisada por pares publicada pola Oficina IAU de Divulgación Astronómica e o Observatorio Astronómico Nacional do Xapón (NAOJ).
Podedes descargala aquí: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann18006
2) Starmus V – Programa estelar para 2019
Creado por Garik Israelian, investigador do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Festival Starmus é unha mestura de ciencia, arte e música que inclúe charlas de astronautas, cosmonautas, Premios Nóbel e outras prominentes figuras da ciencia, a cultura, as artes e a música. Na súa quinta edición, adiada para coincidir co 50 aniversario da chegada á Lúa, Starmus V celebrarase en Berna, Suíza, do 24 ao 29 de xuño de 2019. A IAU é unha organización parceira do Starmus e entre os poñentes confirmados estará o secretario xeral da IAU, Piero Benvenuti, e a presidenta electa da IAU, Ewine van Dishoeck.
Aquí está o anuncio da IAU: https://www.iau.org/news/announcements/detail/ann18007/
3) Celebrade o Día Internacional da Luz con NASE
O Grupo de Traballo da Comisión IAU C1, Rede de Educación Astronómica na Escola (Network for Astronomy School Education, NASE), propón celebrar o Día Internacional da Luz recreando o histórico experimento desenvolvido por William Herschel en 1800. Facemos un chamamento ao profesorado para que se una ás celebracións e repita esta actividade durante o mes de maio. Compartide os vosos resultados e fotografías co grupo de traballo a través de Beatriz García (beatrizgarciautn@gmail.com) ou Rosa Ros (rosamariaros27@gmail.com). O texto que describe o experimento e a súa importancia podedes lelo aquí en inglés ou español.
Para saberdes máis sobre o Día Internacional da Luz: https://www.lightday.org/
4) Divulgación para o Desenvolvemento: astronomía para crear medios de vida no Himalaia
O proxecto busca aproveitar a astronomía como un medio para desenvolver a economía da rexión a través da promoción do astroturismo en hostais solares no rural do Himalaia que foron creados pola Expedición Global Himalaia (GHE), www.ghe.co.in. GHE pretende achegar acceso a enerxía limpa, educación dixital e medios de subsistencia a través da enerxía solar a comunidades remotas e non electrificadas do Himalaia. Trinta hostais solares do Himalaia dirixidos por mulleres locais son promocionados como destinos exclusivos para os turistas que viaxan a estas aldeas para experimentar a cultura e as tradicións locais.
Máis información sobre este proxecto financiado pola Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento, aquí: http://www.astro4dev.org/blog/category/tf3/astronomy-for-himalayan-livelihood-creation/
5) Novas do Xapón
a) Coro estelar
Posto que non hai aire no espazo exterior, non podemos escoitar os sons pulsantes alí. Mais, se puidésemos oír eses sons, como soarían? Nunha inusual combinación de astronomía e música, a compañía de voos Starflyer ofrece música das estrelas usando estrelas pulsantes variábeis, estrelas de tamaños variados (unha moi famosa é a estrela Polar). É un programa que converte a pulsación dunha estrela en música para crear unha nova experiencia que nos desafía con sons que se integran no ambiente de forma relaxante, facendo a viaxe moito máis agradábel.
Tes interese en escoitar o “coro estelar”? Podes descargalo aquí: https://www.starflyer.jp/campaign/2017/sc/download/StarChorus_DL.zip
Grazas ao noso de divulgación nacional (NOC) do Xapón, Hitoshi Yamaoka, por compartir a noticia.
b) Eclipse lunar – Xapón e Arxentina
O 31 de xaneiro xente de todo o mundo detívose para ser testemuña dunha fantástica eclipse lunar. Nun exemplo de boa relación e colaboración internacional a televisión arxentina “Todo Noticias” conectou en directo co Observatorio Astronómico Nacional do Xapón (NAOJ) para falar con dous divulgadores astronómicos xaponeses sobre este fenómeno natural. “Foi unha oportunidade para marcar a diferenza. Cando hai moita confusión entre astronomía e astroloxía, falar do fenómeno é moi importante”, dixo Beatriz García, a NOC da Arxentina. “Ademais, foi unha grande oportunidade para a xente da Arxentina de vivir unha eclipse lunar no Xapón en pleno día”. No NAOJ entraron en directo Kumiko Usuda-Sato e Masaharu Ishizaki: “Foi unha grande sorpresa para nós e estivemos moi felices de chegar á xente da Arxentina desde o punto oposto da Terra. Cremos que a rede IAU OAO posibilita máis actividades compartidas entre moitos lugares do mundo”.
Podes ler máis sobre a nova aquí: https://tn.com.ar/envivo/24hs
Grazas á nosa NOC na Arxentina Beatriz García e a Kumiko Usuada-Sato e Masaharu Ishizaki por compartir esta noticia con nós.
6) Novas de Chipre
Radio Amadora na Estación Espacial Internacional (ARISS)
O 24 de xaneiro de 2018, por primeira vez en Chipre, a mocidade estudante experimentou a emoción de falar directamente con membros do equipo da Estación Espacial Internacional (ISS) a través do proxecto Radio Amadora na ISS (http://www.ariss.org). A conexión foi organizada coa axuda da Sociedade de Radio Amadora de Chipre e o evento foi acollido polo clube de Radio Amadora da English School (5B4ES), que convidou a estudantes doutras escolas en Chipre. Durante o evento, os estudantes participaron no obradoiro “Colaboración internacional ISS” creado e desenvolvido polo Observatorio e Planetario Kition de Chipre. A conexión durou dez minutos e durante esta os mozos e mozas fixéronlle preguntas ao astronauta da NASA Mark Vande Hei. Arredor de 250 persoas participaron no evento.
O rexistro da maior parte do programa está dispoñíbel no sitio web http://www.astronomycyprus.eu
Dámoslle as grazas a George Troullias por compartir esta noticia.
7) Novas de Bangladés
Actividades da eclipse lunar en Bangladés
O último día do primeiro mes de 2018 permanecerá na memoria como o día que tivo lugar unha eclipse lunar da que foron testemuña millóns de persoas en todo o mundo. En Bangladés houbo dous espazos de observación astronómica para observar o fenómeno, un deles organizado en Daca por Anushandhitshu Chakro, unha renovada e reputada organización científica, e o outro pola Sociedade Astronómica de Bangladés en Purbachal.
Podes atopar a reportaxe completa aquí: http://bit.ly/2o2J9iQ
Queremos darlle as grazas a Farseem Mohammedy, o noso NOC en Bangladés, para compartir as novas con nós.
8) Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (ISEC)
O Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (ISEC) terá lugar en La Garriga, perto de Barcelona, do 6 ao 22 de xullo de 2018. É un campamento de dúas semanas para mozos e mozas entre 15 e 22 anos, enfocado ao traballo por proxectos e a investigación en temas como a astronomía e outros asuntos da ciencia (por exemplo, a bioloxía, química, programación, tecnoloxía e comunicación da ciencia). Hai bolsas disponíbeis para facilitar que o campamento sexa accesíbel para todas as persoas.
Podes atopar máis información aquí: http://www.isec2018.wordpress.com
Dámoslle as grazas a Hannah Dalgleish por compartir a nova.
9) Encontros e actividades globais de 2018
Podes atopar aquí unha listaxe de eventos e conferencias de divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!
a) Conferencia Internacional “Novas Perspectivas en Educación Científica”
Datas: 22 e 23 de marzo de 2018
Lugar: Florencia, Italia
Máis información: https://conference.pixel-online.net/NPSE/
b) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
c) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/
d) Semana Europea da Astronomía e Ciencias do Espazo (EWASS)
Datas: do 3 ao 8 de abril de 2018
Lugar: Liverpool, UK
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2018/
e) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18
f) Noite de Yuri
Data: 12 de abril de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/
g) 11º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Datas: do 12 ao 14 de abril de 2018
Lugar: Campos de Goytacazes, Brasil
Máis información: http://bit.ly/2xP8uik
h) Día Internacional da Luz
Datas: 16 de maio de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: https://www.lightday.org/
i) Día do asteroide
Datas: 30 de xuño de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
l) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
m) Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (ISEC)
Data: do 6 ao 22 de xullo de 2018
Lugar: Barcelona, España
Máis información: http://www.isec2018.wordpress.com/
n) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018
Datas: do 9 ao 14 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, France
Máis información: https://www.esof.eu/en/
ñ) Committee on Space Research – COSPAR
Datas: do 14 ao 22 de xullo de 2018
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://cospar2018.org/
o) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE) & Cimeira InterNational Astronomy Teaching
Datas: do 22 ao 27 de xullo de 2018
Lugar: Hilo, Hawai’i, EEUU
Máis información: rtsre.org
p) Asemblea Xeral da IAU
Datas: do 20 ao 31 de agosto de 2018
Lugar: Viena, Austria
Máis información: http://astronomy2018.univie.ac.at/
q) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria
Datas: do 16 ao 21 de setembro de 2018
Lugar: Berlín, Alemaña
Máis información: https://www.epsc2018.eu/
r) Conferencia .Astronomy
Datas: do 24 ao 27 de setembro de 2018
Lugar: Baltimore, EEUU
Máis información: https://www.dotastronomy.com/
s) Congreso Xeración Espacial
Datas: do 27 ao 29 de setembro de 2018
Lugar: Bremen, Alemaña
Máis información: https://spacegeneration.org/sgc2018
t) Congreso Aeronáutico Internacional
Datas: do 1 ao 5 de outubro de 2018
Lugar: Bremen, Alemaña
Máis información: http://www.iafastro.org/events/iac/iac-2018/
u) Semana Mundial do Espazo
Datas: do 4 ao 10 de outubro de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/
v) Noite Internacional de Observación da Lúa
Datas: 20 de outubro de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
x) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Traducións ao español, elaboradas por:
Emilio Zúñiga, ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2018!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2018! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.