Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Edición Especial 2016-2017
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Número 21 da revista CAP, xa dispoñíbel
2) Boletín de noticias do CC1 – Educación e desenvolvemento da astronomía
3) Encontros e simposios da Unión Astronómica Internacional
4) Luz cósmica – un legado dende 2015 e para o futuro
5) astroEDU – astronomía revisada por pares para actividades educativas
6) Rede de grupos astronómicos e Directorio da IAU
7) Grupos de traballo da IAU
8) Os temas da IAU
9) Encontros e actividades globais en 2017
10) O noso boletín noutros idiomas: un agradecemento especial aos nosos tradutores
11) Contribucións para este boletín – agardámosvos en 2017!
0) Nota dos editores
O Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional é unha publicación dixital bimensual preparada polo equipo de divulgación da oficina da IAU. O noso equipo xunta e comparte de forma continua recursos, actividades e convocatorias recomendadas por e para a comunidade de educadores e divulgadores da ciencia en todo o mundo. Cada mes non podemos evitar sorprendernos polo inmenso número de actividades que se celebran en todo o mundo. Ao compartilos a través deste boletín o noso equipo espera inspirar e proporcionar ideas aos nosos lectores para aprenderen das experiencias dos outros e darmos apoio aos vosos esforzos en achegar a astronomía á xente.
Neste número empezamos ofrecendo suxestións para as vosas lecturas de vacacións, como o número 21 da revista CAP e o último boletín de Educación e Desenvolvemento da Astronomía. Ademais, listamos unha serie de encontros e eventos astronómicos en 2017 para que poidades planificalos con tempo. Neste número, o #24 de 2016 e o derradeiro do ano, queremos traervos tamén contidos lixeiramente diferentes. Dedicamos este boletín a salientar algunhas das actividades de divulgación da IAU e as moitas maneiras en que podedes unirvos co voso equipo de divulgación e a algúns destes programas da IAU. Ao facelo esperamos que en 2017 poidamos seguir apoiándovos a vós e aos vosos grupos incluso aínda máis.
Como sempre, non queremos deixar sen mencionar todo o apoio voluntario que fai posíbel este boletín: os nosos tradutores e colaboradores. O noso equipo en Xapón desexa ter noticias vosas en 2017 e apoiarvos do mellor xeito que poidamos.
Ceos despexados en 2017!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Número 21 da revista CAP, xa dispoñíbel
O número 21 da revista “Comunicar Astronomía co Público” (CAP) xa está listo! Neste número os colaboradores de CAP resumen un programa de verán en astronomía para estudantes de instituto; evaluan unha clase aberta e online masiva sobre astronomía; proporcionan pistas esenciais sobre como escribir unha boa nota de prensa; e describen a comunicación astronómica máis informal, o crecente programa de actividades astronómicas que teñen lugar en bares. Todo isto e máis está incluído nesta revista gratuíta, revisada por pares, para comunicadores da astronomía.
A revista CAP está dispoñíbel para descarga aquí: http://www.capjournal.org/issues/21/index.php
2) Boletín de noticias do CC1 – Educación e desenvolvemento da astronomía
Benvidos ao boletín #84 da Comisión C1 da IAU, o segundo que se publica baixo a nova división estrutural da IAU que se estableceu na XXIX Asemblea Xeral en Honolulu, en agosto de 2015. Neste número podes atopar informes sobre as actividades dos tres grupos de traballo: WG3 sobre Igualdade e Inclusión; o grupo de traballo compartido entre as comisións B7 e C1, “Desafío dos Ceos Escuros e Educación”; e o primeiro seminario da Rede de Educación Astronómica na Escola (NASE).
Podes ler o boletín aquí: http://iaucc1.frm.utn.edu.ar/wp-content/uploads/2012/11/IAUNL-CC1-2-No84-final.pdf (PDF, 1,3MB).
3) Encontros e simposios da Unión Astronómica Internacional
O programa de encontros científicos é un dos medios máis importantes cos cales a IAU persegue o obxectivo de promover a ciencia da astronomía a través da colaboración internacional. En moitos destes encontros hai sesións especiais dedicadas á educación e divulgación nas cales os astrónomos, educadores non formais e profesionais da divulgación intercambian as súas mellores experiencias sobre como levar diferentes áreas da astronomía á comunidade e o público xeral.
Podes atopar os encontros e simposios da IAU aquí: https://www.iau.org/science/meetings/future/
4) Luz Cósmica – un legado do 2015 para o futuro
Durante o Ano Internacional da Luz (IYL2015), o programa Luz Cósmica da IAU agrupou mil actividades que chegaron a máis de 2,5 millóns de persoas. A través de Luz Cósmica, a IAU uniuse oficialmente a diversos proxectos, como Global Science Opera e Constellation, polo seu enfoque innovador, esforzo colaborativo e sostenibilidade. Para 2017 a IAU OAO apoia “A historia do Espazo”; convidámosvos a saber máis deste proxecto aquí: http://www.thestoryof.org/space2017/.
5) astroEDU – astronomía revisada por pares para actividades educativas
Un dos proxectos oficialmente apoiados polo IAU é astroEDU, unha plataforma de acceso libre para actividades de educación científica revisadas por pares. Aquí os educadores poden descubrir, revisar, distribuír, mellorar e reelaborar contidos educativos, todos con licencia Creative Commons Recoñecemento 3.0. AstroEDU fai accesíbeis aos educadores de todo o mundo as mellores actividades científicas, en particular aquelas con foco na astronomía ou nas ciencias da Terra e o Espazo, e proporciona visibilidade cunha ampla distribución a través das redes colaboradoras e co selo oficial da IAU. Animámosvos a todos educadores formais e non formais a descubrir máis sobre astroEDU aquí: http://astroedu.iau.org/, e a compartir as actividades educativas aquí: http://astroedu.iau.org/submission/.
6) Rede de grupos astronómicos e Directorio da IAU
O directorio IAU de Astronomía no Mundo pretende ser unha base de datos inclusiva das organizacións e grupos activos que comparten a súa paixón pola astronomía e promoven actividades de educación e divulgación para unha comunidade global máis ampla. Con esta plataforma, a IAU intenta proporcionar un recurso onde todos poidan facilmente acceder a información sobre asociacións e grupos astronómicos e poidan contactar con eles con facilidade para coñecer máis sobre actividades relacionadas coa astronomía.
Convidámosvos a descubrir que actividades e grupos operan na vosa rexión ou incluso a formar parte da nosa comunidade: https://directory.iau.org/.
7) Grupos de traballo da IAU
A IAU na actualidade ten na súa estrutura de grupos de traballo establecidos polo Comité Executivo, Divisións ou Comisións da IAU, para desenvolver certas tarefas ben definidas. Exemplos destes grupos de traballo son Protección dos Sitios, Astronomía para a Igualdade e a Inclusión, Rede para a Educación Astronómica na Escola (NASE) e Profesionalización e Acreditación da Divulgación. Hai moitos máis.
Convidámosvos a explorar as diferentes tarefas de cada grupo de traballo da IAU aquí: http://www.iau.org/science/scientific_bodies/working_groups/.
8) Os temas da IAU
Nos últimos anos a IAU recibiu centos de correos electrónicos con preguntas que van dende as da mocidade estudante que quere facerse astrónoma, as dos astrónomos afeccionados que queren implicarse na investigación activa ou o público xeral que pregunta pola importancia da astronomía na súa vida diaria. Os Temas da IAU cobren os asuntos máis populares en astronomía e reflicten a maioría das preguntas máis frecuentemente consultadas que a Oficina de Prensa da IAU recibiu ao longo dos anos. O noso equipo está na actualidade renovando os Temas e podes ser parte do proceso enviándonos as túas preguntas e suxestións a outreach@iau.org.
Podes ver máis sobre os Temas da IAU aquí: http://www.iau.org/public/themes/.
9) Encontros e actividades globais en 2017
Agora que remata 2016, aquí tedes unha listaxe das conferencias e encontros sobre educación e divulgación da astronomía máis longamente agardados. Planificade con antelación un ano cheo de acontecementos interesantes. E se notades que falta algo, compartide connosco outros encontros ou convocatorias sobre educación e divulgación astronómica a través do correo electrónico outreach@iau.org.
a) Campamento Astronómico ESO
Data: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017
Lugar: Aosta Valley, Italy.
Máis información: http://www.eso.org/public/announcements/ann16031/
b) 229º Encontro da Sociedade Astronómica Americana
Data: do 3 ao 7 de xaneiro de 2017
Lugar: Grapevine, Texas
Máis información: https://aas.org/meetings/aas229
c) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: do 5 ao 7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html
d) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/
e) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: do 6 ao 8 de abril de 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k
f) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp
g) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
h) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/
i) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/
j) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/
k) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/
l) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/
m) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
10) O noso boletín noutros idiomas: un agradecemento especial aos nosos tradutores
-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións para este boletín – agardámosvos en 2017!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.