Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Decembro 2017 #1
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) A IAU destaca as colaboracións Pro-Am
2) Simposio IAU 335: Sesión de educación e divulgación
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Etiopía
4) Únete á campaña de 2018 do proxecto Globe at Night!
5) O Observatorio Europeo do Sur (ESO) lanza os novos Paseos de Realidade Virtual para visitar os seus espazos.
6) Olimpíada Latinoamericana de Astronomía e Astronáutica 2017
7) Comunicación da ciencia na Unión de Xeociencias Europea (EGU) 2018
8) Comunicar Física e Astronomía ao público con discapacidade visual
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
0) Nota dos editores
O noso equipo estivo ocupado coa Rede de Tradución Astronómica, que xa conta con máis de 110 tradutores arredor do mundo que están facendo traducións a trinta linguas diferentes. Continua a nosa Semana NOC nas Redes Sociais, xa na súa semana número 14! Un gran agradecemento aos nosos NOC de Indonesia, Xapón, Arxentina, Portugal, Bélxica, España, Corea do Sur, China, Taipei, Honduras, Nepal, Armenia, Alxeria, Canadá e Colombia – non poderíamos facelo sen o apoio dos nosos impresionantes Contactos de Divulgación Nacional (NOCs) e a comunidade mundial.
Neste número poñemos o foco nas iniciativas de educación e divulgación do Simposio IAU sobre “Climatoloxía espacial da heliosfera: procesos e predicións”, as vindeiras campañas de ciencia cidadá de Globe at Night e os Paseos de Realidade Virtual da ESO.
Finalmente, mais non menos importante, queremos darlle as grazas á comunidade de usuarios por compartir continuamente con nós as súas actividades de educación e divulgación astronómicas favoritas. Agora que 2017 remata, xa nos tarda descubrir o que nos traerá o 2018!
Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) A IAU destaca as colaboracións Pro-Am
Nas últimas dúas décadas, a ciencia cidadá experimentou un aumento na súa visibilidade e a súa capacidade para incrementar a conciencia no sector da astronomía profesional das valiosas contribucións que os afeccionados e afeccionadas poden achegar á súa investigación, ao realizar observacións a longo prazo que non serían viábeis nos tempos moi marcados dos observatorios profesionais. Ademais, os telescopios con pequenas aperturas son máis axeitados para algúns estudos. Nun tipo alternativo de colaboración Pro-Amateur (ou «Pro-Am») a astronomía profesional dedícase ao seguimento das descubertas realizadas polo colectivo afeccionado. A través de iau.org queremos manter unha lista das colaboracións Pro-Am de máis éxito. Se desexa engadir un proxecto á lista, póñase en contacto connosco: outreach@iau.org.
Tedes máis información no sitio web da iau.org: https://www.iau.org/public/themes/citizen-science-projects/
2) Simposio IAU 335: Sesión de educación e divulgación
O recente Simposio IAU 335 sobre “Climatoloxía espacial da heliosfera: procesos e predicións” que tivo lugar na Universidade de Exeter no Reino Unido do 17 ao 21 de xullo de 2017 foi unha gran oportunidade para promover este campo da astronomía nunha comunidade local máis ampla. Os astrónomos e astrónomas profesionais que participaron no simposio tiveron a ocasión de introducir o debate da climatoloxía espacial co alumnado e profesorado local e o público xeral no programa de divulgación e actividades educativas paralelas.
Descubre máis sobre esta sesión no informe completo: http://bit.ly/2BFhtF3
Podes atopar fotos do evento aquí: http://bit.ly/2j0VBAD
3) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Etiopía
a) Obradoiro de alto nivel de sensibilización espacial
A Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento da IAU (IAU OAD), o proxecto de sensibilización espacial da Unión Europea, o Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Espacial de Etiopía (ESSTI) e a Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento da Rexión de África Oriental, convocaron un obradoiro de alto nivel o 7 de outubro de 2017 na Comisión Económica das Nacións Unidas de África (UNECA). O obradoiro xuntou ás partes interesadas para un diálogo sobre o uso de temas espaciais na educación, divulgación e tecnoloxía espacial para o desenvolvemento sostíbel. Os debates foron precedidos pola mañá por un obradoiro para o profesorado local, que tivo a oportunidade de explorar as mellores prácticas e usos innovadores da astronomía e as ciencias espaciais na educación.
Podes saber máis desta actividade aquí: http://bit.ly/2k3eIGB
4) Únete á campaña de 2018 do proxecto Globe at Night!
Globe at Night é un proxecto internacional de ciencia cidadá que pretende despertar conciencia entre a xente do impacto da contaminación luminosa convidando aos cidadáns a que midan o brillo do ceo nocturno e compartan as súas observacións. É fácil participar, todo o que precisas é un ordenador ou teléfono móbil. Así, en 2017 houbo 14753 datos recollidos en todo o mundo, mais aínda podes axudar ao equipo Globe at Night a que acade o seu obxectivo de 15000 observacións contra o final de ano.
As datas das campañas de 2018 xa foron anunciadas. Consultádeas e facede plans para participar o ano que vén: https://www.globeatnight.org/5-steps.php#d2018
5) O Observatorio Europeo do Sur (ESO) lanza os novos Paseos de Realidade Virtual para visitar os seus espazos
Os paseos virtuais da ESO son unha colección de centos de imaxes panorámicas de 360 graos que poden ser empregadas con moitos propósitos. O último lanzamento da ESO inclúe opcións para ver as imaxes en modo realidade virtual ou en modo panorámicas de 360 graos. Podes empregar un teléfono móbil tanto con visores de cartón ou gafas de realidade virtual para experimentar estes paseos polas instalacións da ESO dunha maneira asombrosa. Este lanzamento tamén inclúe novos e actualizados paseos virtuais polos observatorios e instalacións da ESO, con funcións melloradas para os ordenadores e visións panorámicas.
Podedes ler máis detalles aquí: http://eso.org/public/announcements/ann17079/
6) Olimpíada Latinoamericana de Astronomía e Astronáutica 2017
A Olimpíada Latinoamericana de Astronomía e Astronáutica é un encontro científico escolar entre delegacións de estudantes de Latinoamérica que comparten e melloran o seu coñecemento sobre astronomía e astronáutica, considerando diferentes competencias teóricas e prácticas para os mozos e mozas participantes. A edición 2017 foi organizada a nivel nacional pola Sociedade Chilena de Astronomía (SOCHIAS). As delegacións constan dun máximo de cinco estudantes, un líder e un co-líder (os dous adultos), máis observadores adicionais. Os países participantes son Arxentina, Brasil, Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador, México, Paraguai, Perú, Uruguai e ademais Panamá, con estado de país observador.
Podes ler a nota de prensa completa (en español) aquí: http://bit.ly/2imwdRQ
7) Comunicación da ciencia na Unión de Xeociencias Europea (EGU) 2018
A Asemblea Xeral da Unión de Xeociencias Europea (EGU) terá lugar en Viena, Austria, do 8 ao 13 de abril de 2018. Se traballas no campo das xeociencias e comunicas ciencia dunha maneira nova e innovadora, se o teu grupo de investigación ou institución participa en actividades que envolven o público ou se desexas avaliar ou publicar os teus esforzos de educación e divulgación, por favor, considera a asistencia ao encontro. Envía unha proposta ao EOS6 – Comunicación e Educación en Xeociencias: Práctica, Investigación e Reflexión, unha sesión que anima á reflexión crítica sobre as prácticas da comunicación da ciencia e achega unha oportunidade para que os comunicadores da ciencia compartan as mellores prácticas e experiencias con avaliación e investigación neste campo. A data límite é o 10 de xaneiro de 2018.
Descubre máis neste enderezo: http://meetingorganizer.copernicus.org/EGU2018/session/27266
8) Comunicar Física e Astronomía ao público con discapacidade visual
“Comunicar Física e Astronomía ao público con discapacidade visual” é un evento gratuíto que terá lugar na Royal Astronomical Society, no Reino Unido, o 14 de decembro, co obxectivo de conducir á formación dun consorcio de persoas e proxectos que traballen xuntos para abrir a física e a astronomía a esta comunidade desatendida. A xornada estará dedicada durante a mañá ás presentacións de diferentes proxectos, entre eles Universo Táctil, Colisionador Táctil, Tocar o Espazo, g-Astronomía, con estilo “desconferencia”. O encontro está aberto a calquera persoa interesada en traballar con persoas con discapacidade visual, e a audiencia potencial será unha mestura de investigadores e académicos, profesionais da divulgación, profesorado e activistas da educación informal.
Tedes máis información aquí: http://bit.ly/2irZZ7u
9) Encontros e actividades globais en 2017
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!
Data importante
Proposta de posters aberta até o 20 de decembro de 2017
Ligazón: https://www.esof.eu/en/programme-calls/call-for-posters.html
ESOF (EuroScience Open Forum) 2018
Datas: do 9 ao 14 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, France
Máis información: https://www.esof.eu/en/
Próximas actividades
a) Conferencia Internacional “Novas Perspectivas en Educación Científica”
Datas: 22 e 23 de marzo de 2018
Lugar: Florencia, Italia
Máis información: https://conference.pixel-online.net/NPSE/
b) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
c) Semana Europea da Astronomía e Ciencias do Espazo (EWASS)
Datas: do 3 ao 8 de abril de 2018
Lugar: Liverpool, UK
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2018/
d) 15º Conferencia Internacional de Comunicación Pública da Ciencia e Tecnoloxía (PCST2018)
Data: do 4 ao 6 de abril de 2018
Lugar: Dunedin, Nova Zelandia
Máis información: http://www.pcst2018.org/pcst18
e) 11º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Datas: do 12 ao 14 de abril de 2018
Lugar: Campos de Goytacazes, Brasil
Máis información: http://bit.ly/2xP8uik
f) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
g) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018
Datas: do 9 ao 14 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, France
Máis información: https://www.esof.eu/en/
h) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE) & Cimeira InterNational Astronomy Teaching
Datas: do 22 ao 27 de xullo de 2018
Lugar: Hilo, Hawai’i, EEUU
Máis información: rtsre.org
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Traducións ao español, elaboradas por:
Sofía Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmoloxía e Gravitación, Universidade de Portsmouth: http://bit.ly/2rIqVGe;
Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;
ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
–Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.