Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Abril 2017 #1
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) “Columba-Hipatia: Astronomía pola Paz”
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Portugal
3) A astronomía e a ciencia de datos unidas en favor do desenvolvemento
4) Biblioteca de Imaxes e Vídeos da NASA
5) Día do Asteroide
6) Noite de Yuri
7) Descubrimento: retratos de mulleres da ciencia
8) Espazo 360
9) Encontros e actividades globais
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
0) Nota dos editores
Abril é o Mes da Astronomía Global! Como nos anos anteriores, agárdase un mes emocionante no que xente en todo o mundo celebrará de maneira conxunta a astronomía baixo o lema “Un pobo, un ceo”. Destacamos os certames de AstroPoesía e AstroArte vixentes até o 1 de maio, as moitas sesións de observación online e as actividades propostas de Astronomía para todos. En Astronomía para todos, o Grupo de Traballo IAU para a Igualdade e a Inclusión e Astrónomos sen Fronteiras uniron forzas, chamando a todos a faceren as súas actividades máis inclusivas. Hai moitos máis programas aos que te podes unir, así que comproba o programa completo aquí e non perdas esta celebración global.
Neste número, poñemos o foco sobre o Día do Asteroide proclamado polas Nacións Unidas para o 30 de xuño, a nova biblioteca de imaxes, sons e vídeos da NASA accesíbel para o público, e o proxecto financiado pola OAD en 2017 “Columba-Hipatia: Astronomía pola Paz”, de GalileoMobile.
Feliz lectura e ceos despexados!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) “Columba-Hipatia: Astronomía pola Paz”
“Columba-Hipatia: Astronomía pola Paz” é un proxecto de divulgación astronómica desenvolvido por GalileoMobile e a Asociación polo Diálogo e a Investigación Histórica que ten lugar na dividida illa de Chipre. O proxecto pretende servir de inspiración para a mocidade e usa a astronomía como ferramenta para promover a plena comunicación e a cultura da paz e a non violencia. O equipo desenvolverá actividades educativas e explorará o cosmos con nenos e adultos das diversas comunidades que viven na illa, co ánimo de alentar un sentido de cidadanía global “baixo o mesmo ceo” e mirar máis alá das fronteiras ao promover o intercambio cultural.
Podes saber máis do proxecto nesta ligazón: http://bit.ly/2nSDYiH
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): Novas de Portugal
a) Astrofesta 2017
O 25 e 26 de agosto, a cidade de Monsaraz acollerá a Astrofesta 2017, a maior e máis antiga festa de afeccionados á astronomía de Portugal. A “astroparty” está organizada conxuntamente polo Museu Nacional de História e da Ciência, o Observatorio do Lago Alqueva, o Centro Ciência Viva de Constância e a municipalidade de Reguengos de Monsaraz. Os astrónomos amadores poderán compartir observacións e empregar os seus diferentes equipamentos, mais os organizadores da festa danlle a benvida a todas as persoas: familias e amigos que queiran gozar xuntos das marabillas do ceo nocturno.
Máis información aquí (en portugués): http://www.museus.ulisboa.pt/astrofesta-2017
b) IAstro Júnior
IAstro Júnior é unha iniciativa do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço e a revista Visao Júnior. A actividade consiste nunha serie de sesións en Lisboa e Porto, orientadas a nenos entre 7 e 12 anos, nas que se presenta o espazo e o universo. Nestas sesións os nenos teñen unha oportunidade única de interactuar cos investigadores e preguntarlles directamente pola astronomía e o que significa ser astrónomo.
Podes saber máis sobre o proxecto neste enderezo: http://www.iastro.pt/outreach/activities/iastrojunior/
3) A astronomía e a ciencia de datos unidas en favor do desenvolvemento
A ciencia de datos é unha das disciplinas que se poden adquirir a través da astronomía e é ademais moi útil para as organizacións en favor do desenvolvemento. O doutor Paul Wilson traballa convidado pola Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento na creación do Kit de Ferramentas da Ciencia de Datos. Este kit pode empregarse na aprendizaxe de ciencia de datos a través da astronomía. Pode axudar aos astrónomos a identificar campos de coñecemento a través da astronomía que inclúen importantes elementos da ciencia de datos (por exemplo, programación, estatística, bases de datos). Se tes preguntas ou suxestións, por favor ponte en contacto con paul[at]astro4dev.org.
4) Biblioteca de Imaxes e Vídeos da NASA
A NASA lanzou un novo recurso para axudar ao público na busca e descarga de arquivos de imaxes, vídeos e sons por palabras clave e metadatos. A nova Biblioteca de Imaxes e Vídeos da NASA permítelle aos usuarios buscar, descubrir e descargar 140000 arquivos de imaxes, vídeos e sons das múltiples misións da axencia nos campos da aeronáutica, astrofísica, ciencias da Terra, voos espaciais, entre outros.
Podes saber máis a través da nota de prensa aquí e visitar o sitio web oficial: https://images.nasa.gov
5) Día do Asteroide
O Día do Asteroide é un esforzo mundial para facer divulgación entre a cidadanía sobre os asteroides, a ciencia asociada e os científicos que traballan no campo; en 2016 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu oficialmente o 30 de xuño como Día Internacional do Asteroide. Ao longo dos últimos anos a resposta global á convocatoria non deixou de medrar con firmeza e este ano o equipo organizador anímanos a todos a coordinar as actividades do Día do Asteroide en todo o mundo.
Aprende máis sobre esta celebración: http://asteroidday.org/
6) Noite de Yuri
A noite de Yuri, que se celebra cada ano o 12 de abril, é unha celebración global da historia da exploración espacial en conmemoración da misión pioneira de Yuri Gagarin ao espazo en 1961, e o lanzamento inaugural do primeiro transbordador espacial en 1981. As festas e actividades da Noite de Yuri celébranse en todo o mundo cada abril e combinan accións lúdicas de temática espacial coa educación e a divulgación.
Para saber máis sobre a Noite de Yuri: https://yurisnight.net/
7) Descubrimento: retratos de mulleres da ciencia
Breakthroug: Portraits of Women in Science (Descubrimento: retratos de mulleres da ciencia) é unha antoloxía de curtametraxes de Science Friday (Venres de Ciencia) e o Instituto Médico Howard Hughes. A serie segue a diversas mulleres, todas elas traballando en áreas de vangarda, e leva ao espectador a lugares coma o Ártico e a axencia espacial da India para seguir os desafíos, as normas culturais ou institucionais firmemente asentadas, as condicións de traballo e os sacrificios persoais. Este proxecto aspira a promover vocacións cara a ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas nas vindeiras xeracións de mulleres.
Para saber máis sobre a serie “Descubrimento”: http://www.sciencefriday.com/articles/breakthrough-portraits-of-women-in-science/
Podes ver aquí o segundo episodio da serie, “Descubrimento: instantáneas de Afar”, no que tres científicas comparten historias sobre a primeira misión interplanetaria da India: https://www.youtube.com/watch?v=k6E7qGhOGCA&utmBreakthrough
8) Espazo 360
“Space 360 (Espazo 360)” é unha serie de abraiantes vídeos dende a Estación Espacial Internacional que achegan unha experiencia imersiva da vida en órbita. O proxecto comprende os primeiros vídeos 360º filmados en órbita baixa da Terra, imaxes tomadas polo cosmonauta ruso Andrey Borisenko. “Space 360” é unha colaboración da axencia espacial rusa Roscomos, a corporación espacial Energia e o canal de TV RT.
Podes atopar máis información sobre o proxecto visitando o sitio web oficial “Space 360”: http://space360.rt.com/
9) Encontros e actividades globais en 2017
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!
Engadidos hai pouco
Mulleres na Astronomía IV: as numerosas caras das mulleres astrónomas
Data: 9-11 de xuño de 2017
Lugar: Austin, Texas
Máis información: http://bit.ly/2kgLbsL
Datas importantes
Mes da Astronomía Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/
Próximas actividades
a) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/
b) Noite de Yuri
Data: 12 de abril
Lugar: en todo o mundo
Máis información: https://yurisnight.net/
c) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e África (MEARIM IV)
Data: do 22 ao 25 de maio de 2017
Lugar: Adís Abeba, Etiopía
Máis información: http://www.eorcworkshop.com/mearim-iv-home
d) Telescopios Robóticos, conferencia sobre investigación e educación estudantil
Data: do 18 ao 22 de xuño de 2017
Lugar: San Diego, California (EEUU)
Máis información: http://rtsre.org/
e) IV Festival Starmus: a vida e o universo
Data: do 18 ao 23 de xuño de 2017
Lugar: Trondheim, Noruega
Máis información: https://www.starmus.com
f) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp
g) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
h) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/
i) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/
l) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/
m) Big data en astronomía: unha ferramenta potencial de innovación social
Data: 7-11 de agosto de 2017
Lugar: Flic en Flac, Illa Mauricio
Máis información: https://sites.google.com/ska.ac.za/barista/home?authuser=0
n) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/
o) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/
p) Semana Mundial do Espazo 2017
Data: do 4 ao 10 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/theme/
q) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
r) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
s) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) O boletín de divulgación astronómica da IAU noutros idiomas
-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;
-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.