Do 2 ao 4 de setembro de 2016 celébrase no Concello de A Veiga a terceira edición de conferencias para amantes da observación do ceo e a astronomía: as III Xornadas de Astrotrevinca.

O venres 2 realizarase unha observación astronómica a partir das 21.30h no Mirador Estelar das Tablillas. A xornada do sábado 3 concentra as charlas das xornadas, coa participación de Óscar Blanco, Borja Tosar, Mario García, Daniel Caxete, Daniel Lois e Daniel Llamas. O domingo 4 péchase a xornada cunha ruta de senderismo pola Cántara da Moura, un sendeiro que nos leva a un tramo do río Corzos onde as rocas de granito foron erosionadas polo auga e o vento.

Programa da III Edición de conferencias para os amantes da observación do ceo e a astronomía en xeral

 

Para asistir a Astrotrevinca 2016 é preciso inscribirse chamando ou enviando un email á Oficina de Turismo do Concello da Veiga. Ademáis, pensadas para o evento, existen varias ofertas de aloxamento en hoteis e casas rurais ubicadas no municipio.

Captura de pantalla 2016-08-20 a las 16.44.48