O próximo 11 de xuño a Casa das Ciencias, o Grupo Naturalista Hábitat e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organizan un paseo durante o crepúsculo e comezo da noite no que, acompañados de astrónomos e naturalistas, explicarase que se pode ver, escoitar e sentir a esas horas.
A actividade comezará o venres 10 de xuño, ás 19.00h no planetario da Casa das Ciencias, cunha reunión preparatoria. O sábado 11 de xuño, ás 21.30h, os participantes están citados na área recreativa de San Xoán (Guitiriz) para facer o roteiro guiado.
Para participar hai que inscribirse previamente no formulario electrónico dispoñible na dirección http://goo.gl/forms/3nU1UV8fWmR2ab5I2. A actividade é gratuíta, pero as prazas son limitadas.
ACTUALIZACIÓN: pechada a inscrición ao completarse o número de prazas dispoñibles. Grazas por apuntarvos!