Como entidade gañadora en 2023 na categoría “Iniciativas culturais e científicas”, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío foi convidada a formar parte do xurado desa mesma categoría en 2024. O representante da agrupación no xurado é o noso socio Martin Pawley. A votación da candidatura gañadora e a posterior gala de entrega de premios ten lugar no auditorio de Afundación en Vigo.
Na “IX Xornada de Onomástica: os outros nomes”, organizada pola Real Academia Galega, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío está representada polo noso socio Martin Pawley, que impartirá unha palestra co título “Os nomes do ceo”, sobre o traballo de normalización en galego da terminoloxía astronómica. A xornada poderá seguirse en liña en directo a través desta ligazón.