Amosar filtros

Categories

Reset Filters
< 2023 >
Xuño
  • 09
    9 Xuño, 2023

    XI Noite Efervescente

    21:30 -23:59
    09/06/2023
    Casa de Rosalía
    A Matanza, s/n 15917 Padrón (Galicia)

    Festa da ciencia inclusiva con observación pública do ceo, radio, dramatización sonora e petiscos organizada polo programa “Efervescencia” da Radio Galega, que conduce Manuel Vicente.

  • 10
    10 Xuño, 2023

    Cullerciencia 2023

    12:00 -19:00
    10/06/2023
    Paseo Marítimo de O Burgo
    15670 O Burgo, Culleredo

    Feira científica organizada polo club de ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.

  • 12
    12 Xuño, 2023

    Astronomía no Centro de Menores de Palavea

    16:15 -17:45
    12/06/2023

    Obradoiro de astronomía no Centro de Menores Concepción Arenal de Palavea. Actividade non pública organizada polo Grupo de Traballo “Diversidade”.

  • 15
    15 Xuño, 2023

    Charla sobre eclipses solares

    20:00 -21:00
    15/06/2023
    Casa das Ciencias
    Parque de Santa Margarita, A Coruña

    Charla de Óscar Blanco e África Fernández, membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, na que nos contarán as súas experiencias observando eclipses totais de Sol (8 e 9, respectivamente) en diferentes países, entre eles Turquía, Namibia, Estados Unidos, Chile ou Australia.

  • 16
    16 Xuño, 2023

    Observación astronómica en San Cristovo de Mouricios, Chantada

    22:30 -23:59
    16/06/2023

    Observación astronómica a simple vista e con prismáticos no marco dos encontros de astronomía e arte organizada pola Galería e Laboratorio Creativo Vilaseco. Máis información, aquí.