Actividade cultural e astronómica gratuíta para a rapazada saharauí que participa no programa “Vacacións en Paz” e as súas familias de acollida. A actividade consistirá nunha visita á Casa das Ciencias e o Planetario, que irá seguida dunha observación astronómica na contorna do museo, no Parque de Santa Margarida. En colaboración co Proxecto Amanar (GalileoMobile).
Observación solar no Castro de Elviña, en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Tempo Novo.
Quedada informal de socias/os para observar a noite estrelada. Non é preciso anotarse, nin confirmar asistencia. Non hai programada actividade ou guía do ceo.
Máis información na zona privada (moodle).

Obradoiro solidario de planisferios en favor das familias afgás refuxiadas en Galicia no marco da romaría de Santa Margarida. Domingo pola tarde nos soportais da Casa das Ciencias.