
Conferencia de Xabier Pérez Couto: «Catálogos e bases de datos astronómicos»
Casa das Ciencias
http://agrupacionio.com/gl/conferencia-de-xabier-perez-couto-sobre-catalogos-y-bases-de-datos-astronomicos/Parque de Santa Margarita, A Coruña
Conferencia a cargo de Xabier Pérez Couto, matemático e divulgador que mantén o canal de Youtube sobre astronomía “AstroXabi” e socio da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Nesta conferencia falará da orixe e evolución dos diferentes catálogos astronómicos ao longo da historia, os cales constitúen unha das primeiras publicacións científicas da antigüidade.
Entrada gratuíta e por orde de chegada para o público xeral. Obrigatorio o uso de máscara.