Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)
Xaneiro 2017 #1
Neste boletín:
0) Nota dos editores
1) Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento: Anuario 2016
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Arxentina
3) Obradoiro Internacional “Dos datós á cúpula” en Xapón
4) 365 días de astronomía: chega a Totalidade 2017
5) Revista latinoamericana de educación astronómica
6) O Telescopio Virtual
7) Desafío Odysseus de ciencia espacial
8) Ciencia na escola: publicación para profesores de ciencias
9) Encontros e actividades globais
10) O noso boletín noutros idiomas
11) Contribucións para este boletín
0) Nota dos editores
Nun gran comezo de ano a nosa oficina irmá, a Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento, vén de lanzar o seu primeiro Anuario onde podes examinar as cousas asombrosas que o equipo completou ao longo dos anos.
Neste número, convidamos aos nosos lectores a saber máis sobre os actividades de 365 Días de Astronomía “Totalidade 2017” para a moi esperada eclipse do 21 de agosto e a aprender máis sobre Desafío Odysseus de Ciencia Espacial; e aos nosos lectores falantes de español e portugués animámolos a explorar a Revista Latinoamericana de Educación Astronómica.
Os nosos colegas da Arxentina fannos outra gran suxestión: empezar o novo ano planificando a eclipse anular que será visíbel na Patagonia en febreiro de 2017.
Ceos despexados en 2017!
O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU
1) Oficina de Astronomía para o Desenvolvemento: Anuario 2016
A Oficina IAU de Astronomía para o Desenvolvemento vén de sacar o seu primeiro Anuario, unha publicación anual que recolle as actividades e logros da oficina e a comunidade global durante o ano. Nesta primeira edición o Anuario 2016 cobre todo o feito dende o nacemento da oficina. As actividades foron apoiadas por unha comunidade moi ampla e diversa, incluídas as nove oficinas rexionais, parceiros, colaboradores e voluntarios en todo o planeta. Para a súa impresión ou tradución a oficina proporciona baixo pedimento arquivos listos para impresión ou abertos á edición.
Unha versión dixital do Anuario pode descargarse dende o sitio web da oficina: http://www.astro4dev.org/downloads/
2) Espazo de contacto da divulgación nacional (NOC): novas de Arxentina
O segundo “Workshop de Difusión y Enseñanza de la Astronomía – WDEA II” terá lugar en Esquel do 22 ao 24 de febreiro de 2017. O obradoiro desenvolverá ademais unha observación da eclipse anular, o 26 de febreiro. Para celebrar estes acontecementos especiais, a Rede para Educación Astronómica nas Escolas produciu un libro de actividades, “O Sol e as eclipses – actividades e modelos para explicar eclipses”, dispoñíbel en español (PDF, 13,2MB) e inglés (PDF, 4,9MB).
Podes atopar máis información sobre o obradoiro (en español) aquí: http://sion.frm.utn.edu.ar/WDEAII/
3) Obradoiro Internacional “Dos datós á cúpula” en Xapón
A Sociedade Planetaria Internacional e o Observatorio Astronómico Nacional de Xapón organizan o obradoiro internacional “Dos datos á cúpula” que terá lugar o 2 e 3 de marzo no campus do observatorio en Toquio, Xapón. O obradoiro reunirá a profesionais dos planetarios, astrónomos e expertos en visualización de grandes datos (big data) en cúpula. Convídase a todos os participantes a presentar un pequeno exemplo do seu traballo e ademais estes terán oportunidade de iniciar un debate sobre un asunto de interese xeral para a comunidade. Está dispoñíbel unha liña de apoios para os gastos de viaxe e o prazo de inscrición remata o 15 de xaneiro de 2017.
Podes saber máis deste obradoiro aquí: http://prc.nao.ac.jp/fukyu/dtod/index.html
4) 365 días de astronomía: chega a Totalidade 2017
O premiado show 365 Días de Astronomía anunciou que vai lanzar unha novena tempada e que o lema será “Totalidade 2017”, en referencia ao paso da zona de totalidade por toda Norteamérica durante a eclipse solar do 21 de agosto de 2017. Esta eclipse solar total será de gran interese para a xente en todo o mundo, tanto polos seus aspectos científicos como polas oportunidades turísticas e educativas. Mais “Totalidade 2017” tamén nos achegará toda a astronomía, dos asteroides aos exoplanetas, das supernovas aos supercúmulos, o podcast compartirá asombrosas achegas das ciencias do espazo.
Aquí podes ler máis detalles sobre estas actividades: https://cosmoquest.org/x/365daysofastronomy/2016/12/14/365-days-of-astronomy-its-time-for-totality-2017/
5) Revista Latinoamericana de Educación Astronómica
A Revista Latinoamericana de Educación Astronómica (RELEA) axuda a promover e consolidar a educación astronómica en Latinoamérica e outros territorios. O número 22 xa está dispoñíbel. Aceptan artigos orixinais e inéditos sobre investigación empírica, ensaios teóricos e recensión de interese no campo da educación astronómica. Os artigos poden estar escritos en portugués, español ou inglés. A portada está en portugués, mais podes cambiar a inglés ou español no menú da dereita. Calquera comentario ou suxestión pode ser enviado directamente a relea@ufscar.br.
As directrices para as propostas e os seus autores indícanse neste enderezo: www.relea.ufscar.br.
6) O Telescopio Virtual
O Proxecto Telescopio Virtual consiste en varios telescopios robóticos aos que se pode acceder de forma remota en tempo real, tanto para uso de investigación como entretemento. Malia levar unha avanzada instrumentación, o sistema é moi accesíbel e amigábel para todos. Este proxecto, mantido polo Observatorio Astronómico Bellatrix en Italia e xestionado polo Dr Gianluca Masi, ofrece ademais sesións de observación públicas, con comentarios ao vivo do equipo científico e os espectadores que se suman en todo o mundo.
Aprende máis sobre o proxecto aquí: http://www.virtualtelescope.eu/
7) Desafío Odysseus de ciencia espacial
Odysseus é un concurso europeo de ciencias do espazo para a mocidade, con tres grupos de idade que poden participar: Camiñantes do Ceo (alumnado de primaria), Pioneiros (alumnado de secundaria) e Exploradores (universitarios). O concurso organízase en tres fases, Nacional, Rexional e Pan-Europea, que se celebrarán en Toulouse, Francia, en xullo de 2017. A competición ofrece unha experiencia de aprendizaxe única para todas as persoas implicadas, e permítelle aos estudantes ampliar as fronteiras do seu coñecemento ao responderen preguntas científicas fundamentais.
Para saber máis mira isto e visita o sitio web oficial: https://www.odysseus-contest.eu/
8) Ciencia na escola: publicación para profesores de ciencias
A revista Science in School (Ciencia na Escola) ocúpase do ensino das ciencias en toda Europa e para todas as disciplinas, salientando o mellor no ensino e investigación de fronteira. Trata de bioloxía, física, química, ciencias da Terra, enxeñería e medicina, poñendo o foco no traballo interdisciplinar a través de contidos que inclúen materiais educativos e proxectos en ciencia da educación, información actualizada en investigación de vangarda, entrevistas con científicos inspiradores e profesores e moitos outros recursos útiles para os profesores de ciencia.
Ciencia na Escola publícase trimestralmente e pode atoparse de balde no seu sitio web. Podes atopar o último número e os anteriores neste sitio web: http://www.scienceinschool.org/content/issue-38
9) Encontros e actividades globais en 2017
Aquí tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educación e investigación astronómica en todo o mundo.
Engadidos hai pouco
Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
Datas importantes
Obradoiro Internacional “Data to Dome” (Datos á Cúpula)
Data límite para solicitar apoio na viaxe: 15 de xaneiro de 2017
Data: 2 e 3 de marzo de 2017
Lugar: Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xapón
Máis información: http://prc.nao.ac.jp/fukyu/dtod/index.html
Próximas actividades
a) Obradoiro Internacional “Data to Dome” (Datos á Cúpula)
Data: 2 e 3 de marzo de 2017
Lugar: Observatorio Astronómico Nacional de Xapón (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xapón
Máis información: http://prc.nao.ac.jp/fukyu/dtod/index.html
b) 7º Festival Internacional da Visualización da Ciencia – Dome Fest
Data: do 5 ao 7 marzo, 2017
Lugar: Tokyo, Japan
Máis información: http://ifsv.org/en/index.html
c) Mes Astronómico Global
Data: abril de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://www.astronomerswithoutborders.org/
d) 10º Encontro Internacional de Astronomía e Astronáutica
Data: do 6 ao 8 de abril de 2017
Lugar: Campos, RJ, Brazil
Máis información: http://bit.ly/2e3Gj5k
e) Semana Europea da Astronomía e Ciencia do Espazo (EWASS)
Data: do 26 ao 30 de xuño de 2017
Lugar: Praga, República Checa
Máis información: http://eas.unige.ch/EWASS2017/about.jsp
f) Día do Asteroide
Data: 30 de xuño de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/
g) Encontro astronómico nacional da Royal Astronomical Society 2017
Data: do 2 ao 6 de xullo de 2017
Lugar: Universidade de Hull, Reino Unido
Máis información: https://nam2017.org/
h) 13º Encontro Rexional Asia-Pacífico (APRIM 2017)
Data: do 3 ao 7 de xullo de 2017
Lugar: Taipei, Taiwan
Máis información: http://www.aprim2017.tw/
i) Simposio Internacional sobre Educación en Astronomía e Astrobioloxía
Data: do 3 ao 8 de xullo de 2017
Lugar: Utrecht, Países Baixos
Máis información: http://ise2a.uu.nl/
j) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017
Data: do 17 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia
Máis información: http://www.epsc2017.eu/
k) 3ª Simposio COSPAR
Data: do 18 ao 22 de setembro de 2017
Lugar: Illa Jeju, Corea do Sur
Máis información: https://cosparhq.cnes.fr/
l) Noite Internacional de Observación da Lúa
Data: 28 de outubro de 2017
Lugar: en todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/
m) Comunicar Astronomía co Público – CAP2018
Data: do 24 ao 28 de marzo de 2018
Lugar: Fukuoka, Xapón
Máis información: http://www.communicatingastronomy.org/cap2018/
n) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse
Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.
10) O noso boletín noutros idiomas
-Traducións ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;
-Tradución ao español, por ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;
-Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados aquí: http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html;
-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau
-Podes atopar números antigos deste boletín en español traducidos pola Sociedad Española de Astronomía neste enderezo: http://www.sea-astronomia.es/drupal/content/newsletter-iau-noc;
Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.
11) Contribucións para este boletín – agardámosvos en 2017!
Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2017! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.
Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.