Este sábado 22 de decembro ás 19:30h no planetario da Casa das Ciencias terá lugar a charla «O ano que chimpamos un coche ao espazo» a cargo do físico e divulgador Dosi Veiga. Nela, o relator fará un repaso ás novas astronómicas que sucederon no 2018 a través das fotografías dos proxectos APOD Galego e Ceos Galegos, entre outros.

A actividade é de acceso libre ata completar a capacidade do planetario e conta co apoio do Concello da Coruña.