O sábado 12 de decembro ás 12 da mañá estará na biblioteca do Fórum Metropolitano a avogada e escritora Anna Almécija para presentar o libro para nenos Onde estás, Andrómeda? (dispoñíbel en galego, español, catalán e inglés). No acto, de entrada libre, Anna explicará o conto e expoñerá o problema da contaminación luminosa. Quen desexe facerse cun exemplar do libro poderá adquirilo durante a sesión.
A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío agradece o apoio da Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano na organización desta actividade, e, por suposto, a presenza e colaboración da autora do libro.