observacionastronomic

Hoxe a partir das 19:30 estaremos no MUNCYT da Coruña para guiar unha nova edición das observacións astronómicas urbanas que desenvolvemos na nosa cidade. A iso das 20:20 intentaremos ver este paso da ISS (nos próximos días haberá varias oportunidades máis, ben mellores) e logo centrarémonos no recoñecemento do ceo de inverno e na observación da Lúa crecente por telescopio. Vémonos na praza do museo!