III Encontro da Noite

III Encontro da Noite

Onde: na Domus e no planetario da Casa das Ciencias.

Cando: sábado 14 de maio, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 (na Domus) e ás 20:00 (no planetario da Casa das Ciencias).

Que: xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, protección da noite e posta en valor da paisaxe nocturna.

Inscrición para o III Encontro da Noite

O III Encontro da Noite é unha xornada gratuíta e de entrada libre que organiza a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío co apoio do Concello da Coruña a través dos Museos Científicos Coruñeses, mais posto que a capacidade do recinto é limitada reservaremos certo número de prazas para que as persoas interesadas en asistir a todas as sesións teñan asento asegurado. Ademais, as persoas inscritas á xornada completa recibirán un certificado de asistencia e material promocional e divulgativo de agasallo e terán acceso asegurado, se o desexan, á sesión no planetario do propio sábado ás 20:00. Podes inscribirte enchendo o formulario que hai nesta ligazón.

Programa completo:

Sesión de mañá (11h-14h)

11:00 Anxo Angueira, poeta e presidente da Fundación Rosalía de Castro: “Rosalía de Castro e a noite”

11:30 Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo da USC: “O Dereito e o revés da contaminación luminosa”

12:00 Airam Rodríguez, profesor no Departamento de Ecología da Universidad Autónoma de Madrid: “La contaminación lumínica mata”

13:00 María Ángeles Bonmatí, investigadora postdoctoral no Ciber de Fragilidad y Envejecimiento Saludable (Instituto de Salud Carlos III), no Laboratorio de Cronobiología da Universidad de Murcia: “Contaminación lumínica: cuando es la luz lo que nos quita el sueño”.

Sesión de tarde (17h-19h)

17:00 Sandra Benítez Herrera, astrofísica e educadora científica, coordinadora do proxecto CESAR e responsable de comunicación de ESAC e colaboradora do proxecto voluntario de divulgación GalileoMobile: “Suave es la noche: la importancia cultural y social del cielo oscuro”.

18:00 Antón Baleato, cosmólogo e investigador postdoc no Berkeley Center for Cosmological Physics e Lawrence Berkeley National Laboratory: “Noites escuras, ideas brillantes: as revolucións cosmolóxicas do s.XX”.

Sesión especial de planetario (20h, planetario da Casa das Ciencias)

20:00 Proxección de “Pirineos la Nuit”. Presentación a cargo de Fernando Jáuregui, astrofísico do Planetario de Pamplona.