CartazEncontro_V3 blogO sábado 12 de maio no Centro Ágora a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha xornada formativa e informativa, o I Encontro da Noite, coa contaminación luminosa, a posta en valor do patrimonio nocturno e a preservación da escuridade como temas centrais. Este encontro internacional, que conta co apoio da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña, é gratuíto e está aberto ao público.
As conferencias e actividades públicas da mañá e da tarde son de entrada libre, mais imos reservar certo número de prazas para aquelas persoas que desexen asistir á xornada completa e ter así garantía de que non perderán ningunha das sesións; emitirase, ademais, un certificado de asistencia. A inscrición previa para a xornada completa pode efectuarse a través deste formulario en liña até o venres 4 luns 7 mércores 9 de maio.

Formulario ENCONTRO DA NOITEEste é o programa do I Encontro da Noite:

Sábado 12 de maio. Centro Ágora (A Coruña). Aula 9.

10:00 Apertura do encontro.

10:15 Relatorio 1: Portugal: a noite veste­se de branco. Conferenciante: Raul C. Lima, Físico, Profesor Adxunto da Escola Superior de Saúde / Instituto Politécnico do Porto.

10:45 Relatorio 2: Ver a noite e ver à noite: compreender a Lisboa nocturna entre o século XVIII e XIX. Conferenciante: Rosa Maria Fina, Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeias da Universidade de Lisboa.

11:35 Descanso

12:00 Relatorio 3: El cielo andaluz: patrimonio natural y recurso científico, económico y cultural. Estrategia para su preservación. Conferenciante: Ángela Ranea, Servicio de Calidad del Aire, Dirección General de Prevención y Calidad Ambiental (Junta de Andalucía).

12:50 Relatorio 4: Presentación do libro “Hicimos la luz y perdimos la noche” (Editorial Universidad de Cantabria). Conferenciante: Emilio S. Barceló, Catedrático de Fisioloxía Humana da Universidade de Cantabria. Nota: haberá un posto de venda do libro durante a sesión, en colaboración coa Libraría Azeta.

Sinatura de exemplares do libro e fin da sesión da mañá.

16:00 Sesión de relatorios moderada por Salva Bará. Relatorio 5. Papá, quiero ver las estrellas en la ciudad. Conferenciante: José Enrique Alcázar, enxeñeiro industrial municipal, servizo de iluminación pública do Concello da Coruña. Relatorio 6: Estrategias contra la contaminación lumínica desde la empresa privada. Conferenciante: Susana Malón, CEO Lumínica Ambiental. Relatorio 7: Estrategias contra la contaminación lumínica desde la administración local. Conferenciante: Josep M. Ollé, técnico de iluminación e profesor da Universitat Rovira i Virgili.

17:15 Sesión paralela 1: A noite é necesaria. A contaminación luminosa contada desde os planetarios. Conferenciante: Marcos Pérez, Director dos Museos Científicos Coruñeses. Actividade aberta ao público xeral.

17:15 Sesión paralela 2, mesa de traballo: Por un pacto de País para a preservación da Noite. Participan: representantes dos grupos políticos do Parlamento de Galicia, Ana Ulla (astrofísica, Universidade de Vigo), Ángela Ranea. Esta actividade, por tratarse dunha sesión de traballo, non está aberta ao público.

17:15 Sesión paralela 3, mesa de traballo: Retos para a iluminación de excelencia en Galicia. Participan: Ángel G. Calvo (CEI Galicia), Salva Bará (Profesor e investigador, Universidade de Santiago), Susana Malón, Josep M. Ollé e técnicos e profesionais da iluminación en Galicia. Esta actividade, por tratarse dunha sesión de traballo, non está aberta ao público.

18:45 Descanso.

19:00 Relatorio 8: Evaluación de la exposición nocturna a luz artificial y su asociación con el cáncer de mama y próstata. Conferenciante: Ariadna García-Sáenz (ISGlobal – Instituto de Salud Global, Barcelona).

19:20 Mesa redonda: Recuperar a noite. Conclusións da xornada. Participan: Ana Ulla, Ángel Calvo, Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío).

20:00 Clausura da xornada.

Na véspera haberá unha sesión de planetario especial que tamén estará aberta ao público:

Venres 11 de maio, planetario da Casa das Ciencias

20:30 Sesión de planetario conducida por Marcos Pérez. Planetario da Casa das Ciencias.
ENCONTRO DA NOITE

5 Comments

  1. Pingback: Encontro da noite: xornada – Ceos Galegos

  2. Pingback: Adeus invernalia – Ceos Galegos

  3. FRANCISCO JAVIER MARTINEZ LLAMEDO 07 de Maio de 2018 at 13:15 01Mon, 07 May 2018 13:15:54 +020054.

    ME QUIERO INSCRIBIR PARA LA JORNADA COMPLETA

  4. FERNANDO GARRIDO MARTINEZ 07 de Maio de 2018 at 13:18 01Mon, 07 May 2018 13:18:05 +020005.

    ME QUIERO INSCRIBIR A LA JORNADA COMPLETA

  5. Martin Pawley 07 de Maio de 2018 at 22:45 10Mon, 07 May 2018 22:45:34 +020034.

    Bo día, Francisco Javier e Fernando. Para inscribirvos na xornada debedes cumplimentar o formulario online que se indica nesta mesma anotación.