A contaminación luminosa, un mal que pesa sobre o ceo


Contaminación luminosa na Coruña. Foto: Daniel Ríos Meizoso.

Contaminación luminosa na Coruña. Foto: Daniel Ríos Meizoso.

Uccidiamo il chiaro di luna! (matemos o luar), clamaba en 1909 un manifesto futurista de Marinetti, imbuído de fervor tecnolóxico. Ninguén nega que a introdución masiva da luz artificial na era da electricidade cambiou para ben as nosas vidas. Mais todo ten a súa medida. A actual omnipresenza da luz pola noite xerou un problema novo, a contaminación luminosa, que desbalde enerxía e cartos e lesiona a natureza e a saúde das persoas. Un problema serio que debe ser afrontado canto antes.

* * * * *

capaafondoÍndice de textos do caderno “A Fondo” do Sermos Galiza sobre contaminación luminosa publicado o 22 de setembro de 2016:

“Luz, escuridade e ramificacións”, por Juan Antonio Alduncin

“Contaminación luminosa, un reto para a investigación científica”, por Salva Bará

“A contaminación luminosa debe ser afrontada con urxencia, pois xa se excederon todos os límites tolerábeis”, entrevista a Fabio Falchi

“Contra a contaminación luminosa”, por Marcos Pérez

“En defensa do ceo nocturno”, por Martin Pawley

“A desaparición dos vagalumes”, por Xabier P. DoCampo

“A descontaminación luminosa é moi rendíbel”, por Josep Maria Ollé (contido extra, non incluído no caderno “A Fondo” en papel)

Un comentario en “A contaminación luminosa, un mal que pesa sobre o ceo

  1. Ola. Completamente de acordo. Por desgraza hai moi poucas zonas escuras no concello da Coruña, e, cando as hai, deseguido hai presións da xente porque “a zona está deficientemente iluminada” (Novo Mesoiro, Travesía de Meicende, zona da praia de Bens próxima á planta de residuos de Nostián, por citar as últimas queixas que saíron en prensa). Isto vaise incrementar agora no Nadal. Se vos serve de algo, cóntovos que eu non tiven ningún problema coa seguridade persoal por andar por zonas escuras do municipio. Un saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com