A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza unha charla sobre detección de bólidos e meteoros


Conferencia BLANCA TROUGHTON

– Celebrarase o sábado 11 de novembro ás 19.30h no Planetario da Casa das Ciencias, con entrada gratuíta ata completar espazo.

– A actividade enmárcase dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Co título “Una mirada a la colaboración astronómica. Red de detección de bólidos y meteoros”, a charla será impartida por Blanca Troughton, presidenta da Federación de Asociaciones Astronómicas de España (FAAE).

Na súa conferencia presentará a FAAE como unha entidade que reúne ás asociacións astronómicas para favorecer a súa interconexión e permitir unha colaboración máis estreita. En moitos campos da astronomía a cooperación é fundamental, pois certos fenómenos deben ser observados desde diferentes lugares para obter resultados que permitan facer cálculos e predicións científicas. É o caso da detección de bólidos e meteoros: para calcular as súas traxectorias e posíbeis lugares de impacto é necesario realizar rexistros desde diferentes estacións. Blanca Troughton explicará no Planetario da Coruña as técnicas que se empregan para o rexistro de meteoros e as estacións que conforman a “Red de Detección de Bólidos y Meteoros” da Sociedad Malagueña de Astronomía.

Blanca Troughton Luque é malagueña. Licenciada en Matemáticas pola Universidad de Málaga, é profesora de matemáticas no IES “Los Manantiales” de Torremolinos. En 2014 coordinou o XXI Congreso Estatal de Astronomía en Granada sendo presidenta da Red Andaluza de Astronomía (RadA). Na investigación amateur traballa na detección de bólidos e meteoros da rede da Sociedad Malagueña de Astronomía, á cal pertence.

Ademais de presidir a FAAE, Blanca é membro da comisión Pro-Am da Sociedad Española de Astronomía (SEA), do comité científico de REDESPA, da “Estrategia Andaluza para la Divulgación de la Astronomía” e de Cel Fosc. Participou na organización dos cursos de fotometría astronómica para a medición da contaminación luminosa (2009-2013) no Observatorio Astronómico de Calar Alto e impartiu cursos sobre medidas de contaminación luminosa organizados pola Junta de Andalucía e a Universidad de Málaga, da que ademais é conferenciante do Programa de Divulgación Científica desde 2007. É vogal de Ciencias do “Colegio de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias” de Málaga.

No Ano Internacional da Astronomía (2009) coordinou as actividades das agrupacións astronómicas en España e participou no grupo de traballo “Ella es una astrónoma”. Posteriormente foi membro da comisión “Mujer y Astronomía” da SEA (2010-2014).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Contacto

Agrupación Ío

Casa das Ciencias da Coruña

Parque de Santa Margarida s/n 15005

Teléfono : +34 604 05 49 06

Email : info@agrupacionio.com