dombate de noite

ACTUALIZACIÓN: o prazo de inscrición xa está pechado.

O sábado 22 de agosto, en colaboración co Concello de Cabana de Bergantiños, faremos unha visita guiada ao dolmen de Dombate e posteriormente desenvolveremos unha observación astronómica pública na contorna deste monumento emblemático.

A viaxe en autobús ao dolmen será totalmente gratuíta; dispoñemos dun máximo de 50 prazas que adxudicaremos por rigorosa orde de solicitude tendo en conta que os socios e socias da Agrupación Ío terán preferencia na asignación de prazas. Saíremos da Coruña ás 20:30 dende a Praza da Palloza e regresaremos de madrugada, cando remate a observación.

Para inscribirse na excursión é preciso cubrir este formulario; o prazo para facelo remata ás 12 da mañá do luns 17 de agosto.