Cullerciencia 2024

Cullerciencia 2024

Que: feira científica organizada polo club de ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo. Na feira participarán centros educativos e entidades relacionadas co ámbito científico que encherán de contido unha xornada lúdica de divulgación. Haberá tamén diferentes obradoiros e charlas de ciencia. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participará cun posto propio durante toda a xornada.

Onde: no Paseo Marítimo do Burgo (Culleredo)

Cando: sábado 8 de xuño de 12:00 a 19:00.