Perseida
Fotografía: Xoán Cardelle

É o clásico de todos os veráns, unha cita agardada polos afeccionados. Na primeira quincena de agosto a Terra na súa órbita arredor do Sol atravesa unha zona do espazo poboada por material deixado polo cometa Swift-Tuttle e iso provoca a chuvia de estrelas máis popular, a das Perseidas. A maior intensidade da chuvia este ano estímase que acontecerá arredor do 12 de agosto, aínda que será claramente visíbel nas noites precedentes e posteriores. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío organiza na noite do venres 12 ao sábado 13 de agosto unha observación na área recreativa San Xoán, en Guitiriz, e poremos a disposición das persoas interesadas un servizo de autobús gratuíto dende A Coruña (as prazas son limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición) ESGOTADAS AS PRAZAS DE AUTOBÚS. Esta actividade conta coa colaboración da Concellaría de Cultura, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña.

A Lúa, en fase crecente, ocúltase despois das dúas da madrugada en dirección Oeste-Sudoeste; a esa hora emerxe polo nordeste Perseo, o radiante desta chuvia de estrelas (isto é, a constelación da que “parecen” proceder os meteoros). O mellor momento para ver as Perseidas é a segunda metade da noite; trátase, pois, de pasar a noite practicamente completa en Guitiriz. O autobús sairá da Praza da Palloza na Coruña ás 23:30 e regresará de Guitiriz arredor das 5:00. Será unha noite de observación coas Perseidas coma obxectivo principal, mais tamén haberá tempo para gozar do ceo do verán a simple vista, con prismáticos e con telescopio. O Cisne, a Aguia, a Lira, Saxitario, a Vía Láctea… estarán ao alcance dos nosos ollos na escuridade do ceo da Terra Cha.

Pasaremos varias horas nunha zona afastada do núcleo urbano, unha área recreativa na natureza; por iso convén insistir en que, independentemente da calor que vaia polo día, pola noite sempre refresca. A baixada de temperaturas é notábel e levar roupa de abrigo é necesario. Os pantalóns curtos e as sandalias abertas son unha pésima idea para pasar a madrugada no campo. Sempre é mellor que sobre roupa que non que falte. Escusamos dicir que na zona non hai bancos nin baños nin máquina de café nin cousa que se lle pareza. O que poidades precisar para pasar esas horas tedes que levalo convosco. En particular, un termo con bebida quente non resulta inapropiado.

Se queredes participar na actividade facendo uso do servizo de autobús, debedes inscribirvos neste formulario indicando un correo electrónico de contacto, pois as comunicacións se efectuarán exclusivamente por esa vía (en ningún caso por teléfono). Adxudicaremos as prazas por orde de recepción. ESGOTADAS AS PRAZAS DE AUTOBÚS.

Poden asistir menores de idade sempre e cando vaian acompañadas por unha persoa adulta que se faga responsábel (e así deberá indicarse no momento da inscrición). Se preferides ir en coche pola vosa conta, para esta actividade concreta non será preciso cubrirdes o formulario.

Recomendacións básicas

– Descansa ben o día anterior, pois vas pasar a noite en vela. Ten en conta que estaremos de regreso na Coruña arredor das 6 am (saída de Guitiriz ás 5h).
– No monte pola noite vai frío, tamén en verán, así que… abrígate! Unha cazadora e calzado que abriguen é fundamental, evita manga curta e sandalias.
– Contemplar o ceo nocturno require que o ollo se adapte á escuridade. Polo teu ben e o dos asistentes á actividade evita acender móbiles e lanternas durante a observación.
– O paso de estrelas fugaces é imprevisíbel e pode ser en calquera zona da bóveda celeste, por iso tombados vese moito mellor. Unha cadeira pregábel ou unha manta para deitarte no chan mellorará a túa experiencia.

28 Comments

  1. Jose manuel garcia rouco 26 de julio de 2016 at 13:38 01Tue, 26 Jul 2016 13:38:28 +020028.

    Me gustaria que me apuntarades pra ir no autobus. Grazas

  2. MARTA RÚA LÓPEZ 27 de julio de 2016 at 11:34 11Wed, 27 Jul 2016 11:34:47 +020047.

    Bo día!! Teño moito interese nesta actividade, pero non teño o material que posiblemente sexa imprescindible para a actividade. Non teño cámara, teño pouca aficción á fotografía, a pesar de que disfruto moito das dos demáis; e tampouco teño prismáticos «bos», levarei os que teño das miñas viaxes. Se non hai problema polo anterior mencionado, coido que vou facer o posible por participar na mesma. Espero resposta vosa. Moitas gracias e saúdos.

  3. Agrupación Ío 27 de julio de 2016 at 11:41 11Wed, 27 Jul 2016 11:41:13 +020013.

    Boa día Marta! Para participar na actividade o único imprescindíbel son as ganas de pasar unha noite baixo o ceo estrelado. As estrelas fugaces hai que velas a simple vista, o seu paso é imprevisíbel e cobre zonas amplas do ceo así que as ferramentas de aumento (prismáticos, telescopios) neste caso non axudan. Como a noite é longa, haberá ocasión para ver outros obxectos con prismáticos e telescopio, mais diso encargámonos nós. Animámoste a que veñas e traias os teus prismáticos tamén, pois por modestos que sexan descubrirás que con eles o ceo nocturno gaña en diversidade e riqueza.

  4. KATHERINE 27 de julio de 2016 at 18:39 06Wed, 27 Jul 2016 18:39:18 +020018.

    Apuntádeme para o día 12 de agosto. Grazas.
    Si pudiera ir mi madre, avisadme por favor. A ella también le encantan visualizar estas maravillas.
    El nombre de ella PATRICIA

  5. Agrupacion Astronomica Coruñesa Io 27 de julio de 2016 at 18:50 06Wed, 27 Jul 2016 18:50:54 +020054.

    Bo día Jose Manuel, é preciso que te inscribas ti mesmo cubrindo o formulario de inscrición da actividade. Podes acceder ao mesmo neste link: https://goo.gl/rXbxKY
    Grazas polo teu interese!!

  6. KATHERINE 27 de julio de 2016 at 18:53 06Wed, 27 Jul 2016 18:53:15 +020015.

    Ya cubrí el formulario. Gracias jeje

  7. Agrupacion Astronomica Coruñesa Io 27 de julio de 2016 at 18:59 06Wed, 27 Jul 2016 18:59:19 +020019.

    Bo día Katherine. Podedes apuntarvos ambas, mais é preciso que o fagades a través do formulario de inscrición, cubríndoo dúas veces, un ao teu nome e outro ao de túa nai.
    O formulario está dispoñible no enlace: https://goo.gl/rXbxKY

  8. Agrupacion Astronomica Coruñesa Io 27 de julio de 2016 at 18:59 06Wed, 27 Jul 2016 18:59:58 +020058.

    Perfecto! 🙂 🙂

  9. Verónica 28 de julio de 2016 at 22:22 10Thu, 28 Jul 2016 22:22:46 +020046.

    ¿Es posible asistir a la actividad, sin utilizar el autobús que sale de A Coruña? La idea sería viajar por libre en coche hasta Guitiriz y luego unirnos al grupo y seguir la actividad junto al resto. Así también podríamos marcharnos antes de las 05:00h si quisiésemos. ¿Habría que inscribirse igualmente a través del formulario, a pesar de no usar el bus?

  10. Agrupación Ío 29 de julio de 2016 at 10:11 10Fri, 29 Jul 2016 10:11:20 +020020.

    Ola Verónica. Si, neste caso concreto podes ir pola túa conta posto que a diferenza doutras excursións que faremos no outono este é un espazo aberto e non hai capacidade limitada (a limitación vén imposta polo autobús). Se non vas usar bus, non é preciso que te inscribas pois o formulario empregámolo para levar reconto das prazas de bus necesarias. Vémonos na noite do 12 ao 13!

  11. MARTA RUA LÓPEZ 01 de agosto de 2016 at 13:15 01Mon, 01 Aug 2016 13:15:59 +020059.

    Moitas gracias polos ánimos, vou encantada. Eu xa cubrin o formulario, imaxino que estou inscrita. Podedes confirmarmo?

  12. Agrupación Ío 01 de agosto de 2016 at 14:33 02Mon, 01 Aug 2016 14:33:33 +020033.

    Marta, non nos apareces nas solicitudes de inscrición (polo menos con ese nome). Hai que encher o formulario e envialo só se precisas autobús para ir a Guitiriz. Neste momento xa debe haber xente en listaxe de espera…

  13. Miguel Gomez Duaso 04 de agosto de 2016 at 12:10 12Thu, 04 Aug 2016 12:10:05 +020005.

    Nos gustaria ir también , 2 personas.
    Si queda alguna plaza libre avisadnos, por favor.
    Si no, iremos en nuestro coche detrás del bus.
    Gracias

  14. Agrupación Ío 04 de agosto de 2016 at 17:32 05Thu, 04 Aug 2016 17:32:51 +020051.

    Miguel, como di a anotación que está enriba destas liñas as prazas de autobús están esgotadas. Por suposto, podedes vir pola vosa conta, seredes benvidos!

  15. Rafa Vázquez 07 de agosto de 2016 at 11:10 11Sun, 07 Aug 2016 11:10:47 +020047.

    Teño interese en acompañarvos levando o meu vehículo e non coñezo a zona. Me podes indicar o lugar onde deixar o coche para xuntarme co grupo? Imaxino que non será o mesmo que o lugar de observación, e que haberá que chegar camiñando.

  16. Agrupacion Astronomica Coruñesa Io 07 de agosto de 2016 at 12:08 12Sun, 07 Aug 2016 12:08:51 +020051.

    Bo día Rafa,
    Se non coñeces a zona e saes dende A Coruña podes seguir o autobus que sairá da Praza da Palloza ás 23.30h.
    Se queres que nos vexamos alí, o lugar de referencia é a Lagoa do Área Recreativa San Xoán de Guitiriz.
    O lugar onde deixar o coche e o lugar de observación están moi próximos. Estas son as coordenadas do punto onde deixar o coche: 43°13’17.6″N 7°55’17.3″W.
    Na visión con Google Maps podes ver que a lagoa está ao lado: https://www.google.es/maps/@43.2215556,-7.9236609,779m/data=!3m1!1e3

  17. Teresa 09 de agosto de 2016 at 02:02 02Tue, 09 Aug 2016 02:02:27 +020027.

    A mi también me encantaría poder ir pero me da miedo ir sola en el coche aunque vaya detrás del autobús.
    Intentaré acercarme esa noche a ver si alguna alma caritativa me lleva, por supuesto pagando los gastos.

  18. Miguel Gomez 10 de agosto de 2016 at 21:54 09Wed, 10 Aug 2016 21:54:23 +020023.

    Nosotros te llevamos, Teresa, sin problema. En A Palloza as 23:30 nos veremos, es un scenic beige 7363 FKN, tenemos 3 sitios

  19. Teresa 11 de agosto de 2016 at 17:32 05Thu, 11 Aug 2016 17:32:15 +020015.

    Ay! Gracias Miguel Gomez, al final convencí a mi marido y me lleva él, espero que le compense porque no te creas que le apetecía mucho…
    De todas formas te agradezco infinito porque llevo toda la vida queriendo verlas y como nunca encontraba a nadie para ir conmigo lo fui dejando; hasta este año que por casualidad vi esta página y bueno… que forcé un poco la situación para que me lleven jajajajaja…
    ¡La que la sigue, la consigue! 😉

  20. Minia 11 de agosto de 2016 at 18:20 06Thu, 11 Aug 2016 18:20:19 +020019.

    Como debo proceder para poder acudir ainda que non haxa prazas no autobús? É posibel?

  21. Williamina Fleming 11 de agosto de 2016 at 18:27 06Thu, 11 Aug 2016 18:27:12 +020012.

    Minia, se les con atención a anotación e os comentarios precedentes ao teu, atoparás a resposta á túa pregunta.

  22. Mª Jesus 11 de agosto de 2016 at 18:38 06Thu, 11 Aug 2016 18:38:50 +020050.

    O sitio é moi fermoso e gustariame moito ir pero non pode ser.
    Algún lugar adecuado para os que non podemos sair da Coruña?

  23. Teresa 11 de agosto de 2016 at 23:36 11Thu, 11 Aug 2016 23:36:55 +020055.

    Estoy en la plaza de la palloza y no veo movimiento ni de gente ni autobuses!!!
    ¿se cambió el sitio de salida?

  24. Teresa 11 de agosto de 2016 at 23:42 11Thu, 11 Aug 2016 23:42:25 +020025.

    Jajajajaj… Acabo de ver que la salida es mañana. Anda que…

  25. Katherine 11 de agosto de 2016 at 23:49 11Thu, 11 Aug 2016 23:49:06 +020006.

    É mañá día 12 venres.

  26. Mel CF 12 de agosto de 2016 at 04:48 04Fri, 12 Aug 2016 04:48:52 +020052.

    Gracias a este grupo y la publicacion por una amiga en facebook hemos pasado hoy una noche maravillosa con nuestra peque de 5 años.
    Es la primera noche que dormimos bajo las estrellas y NOS HA ENCANTADO!
    seguro que con las explicaciones de los expertos será estupendo
    A la proxima nos apuntamos si nos avisais

  27. Gonzalo 12 de agosto de 2016 at 13:30 01Fri, 12 Aug 2016 13:30:18 +020018.

    Ola, eu irei pola miña conta desde Compostela. Unireime ao voso grupo alí se vos parece ben.
    Levarei o meu teles pero agardarei a que cheguedes vos para que me digades onde situalo.
    Apertas, vémonos na área recreativa de San Xoán.

  28. Pingback: Parabéns! - Agrupación Ío