O país do prácido luar. Ceo e literatura.

Que: relatorio que explora a presenza dos obxectos celestes e a paisaxe nocturna na literatura en lingua galega para explicar cuestións astronómicas e falar da protección da noite a partir de textos particularmente notables. Imparte a charla Martin Pawley, coordinador dos GT Contaminación luminosa e GT Diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Cando: sábado 16 de maio ás 12:30.

Onde: Biblioteca Municipal de Durán Loriga, A Coruña.

Como: inscrición a través do sitio web da biblioteca.