Feira científica organizada polo club de ciencia do IES David Buján. Sábado 17 e domingo 18 de setembro no parque da igrexa de Santa María de Cambre.
ArchivesExposiciones y ferias científicas
Cullerciencia 2022
Feira científica organizada polo club de ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo. A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío participará cun posto propio durante toda a xornada.
Día da Ciencia na Rúa
Romería científica no Parque de Santa Margarida.
XXVI Día da Ciencia na Rúa
Romería científica no Parque de Santa Margarita que se celebra desde 1996. A Agrupación Ío está presente cun posto no que presentamos ao público diferentes contidos e informacións.
Feira da sustentabilidade
Dentro do programa do Marzo Ambiental a Universidade da Coruña organiza unha nova edición da Feira da Sustentabilidade no campus universitario os días 29, 30 e 31 de marzo, no vestíbulo e corredores da Facultade de Economía e Empresa da UDC, no campus de Elviña. A Feira dá a coñecer asociacións e proxectos que centran a súa actividade en promover un estilo de vida sustentábel e acorde coas necesidades de cambio que nos esixe a emerxencia climática, así como de protección da biodiversidade e da calidade ambiental; e tamén aquelas cunha perspectiva ecosocial, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta. As entidades participantes dispoñen dun punto de información en horario de 10 a 18h os tres días.
https://www.udc.es/novas/Marzo-Ambiental-2022/