View Calendar
29/03/2022 10:00 - 18:00

Feira da sustentabilidade

Facultade de Economía e Empresa da UDC
Address: Campus de Elviña, 15008 A Coruña

Dentro do programa do Marzo Ambiental a Universidade da Coruña organiza unha nova edición da Feira da Sustentabilidade no campus universitario os días 29, 30 e 31 de marzo, no vestíbulo e corredores da Facultade de Economía e Empresa da UDC, no campus de Elviña. A Feira dá a coñecer asociacións e proxectos que centran a súa actividade en promover un estilo de vida sustentábel e acorde coas necesidades de cambio que nos esixe a emerxencia climática, así como de protección da biodiversidade e da calidade ambiental; e tamén aquelas cunha perspectiva ecosocial, claves para levar a cabo unha transición ecolóxica xusta. As entidades participantes dispoñen dun punto de información en horario de 10 a 18h os tres días.

https://www.udc.es/novas/Marzo-Ambiental-2022/

Related upcoming events

  • 01/07/2026 00:00 - 15/08/2026 23:00

    Poderá visitarse do 1 de xullo ao 15 de agosto. A mostra ofrecerá información sobre as eclipses solares e sobre o fenómeno astronómico que poderá observarse en agosto de 2026.