Charla impartida polos socios da Agrupación Ío Moncho Méndez e Rubén Díez. Aberta a todo o público, con entrada a recoller na Casa das Ciencias ese mesmo día. A actividade terá lugar finalmente na Domus debido ao peche do parque de Santa Margarida por alerta de temporal de vento.
ArchivesCharlas da agrupación
Charla sobre contaminación luminosa
Na Aula CeMIT de Betanzos. Inscricións no correo cemit.betanzos@xunta.gal ou no teléfono 6186930052401.
Conferencia e debate: “Excesso de luz” (Lisboa)
Conferencia co título “Excesso de luz”, dentro do ciclo “Aqui, o Universo” organizado pola Culturgest en parcería co Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA). A palestra ten como tema a polución luminosa, o impacto da luz artificial sobre a saúde e a natureza mais tamén sobre o patrimonio inmaterial, cultural e científico asociado á paisaxe das estrelas. Participa Raul Cerveira Lima, do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA), Universidade de Coimbra e Politécnico do Porto, e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), con Maria Serrano, comunicadora de ciência e membro da Rede de Comunicação de Ciência e Tecnologia de Portugal – SciComPt. como moderadora. Máis información no web da Culturgest e do IAstro.
Charla de Xabier Pérez Couto: “Mecánica celeste: de Newton á Teoría do Caos”
Charla de Xabier Pérez Couto, investigador predoutoral no Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e socio da Agrupación Ío.
Charla de Martin Pawley: “O teatro das estrelas. Historias de planetarios e cinema”
Conferencia que celebra o centenario dos planetarios a través do cinema impartida por Martin Pawley, crítico e programador de cinema e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Actividade gratuíta e aberta até completar capacidade. Apertura de portas a partir das 19:15.