View Calendar
20/02/2024 18:30 - 20:30

Conferencia e debate: "Excesso de luz" (Lisboa)

Conferencia co título "Excesso de luz", dentro do ciclo "Aqui, o Universo" organizado pola Culturgest en parcería co Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA). A palestra ten como tema a polución luminosa, o impacto da luz artificial sobre a saúde e a natureza mais tamén sobre o patrimonio inmaterial, cultural e científico asociado á paisaxe das estrelas. Participa Raul Cerveira Lima, do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço (IA), Universidade de Coimbra e Politécnico do Porto, e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío), con Maria Serrano, comunicadora de ciência e membro da Rede de Comunicação de Ciência e Tecnologia de Portugal – SciComPt. como moderadora. Máis información no web da Culturgest e do IAstro.

Related upcoming events

  • 20/06/2026 11:00 - 20/06/2026 13:30

    Nesta sesión de divulgación achegarémonos á astronomía dun xeito claro e accesible, pensada para persoas sen coñecementos previos que queiran comezar a descubrir o ceo.

    Organiza: Asociación Cultural Adro de Vilaño

    Colabora: GT Divulgación e Proxectos da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

  • 10/07/2026 19:00 - 10/07/2026 20:00

    Charla divulgativa dirixida ao público adulto, o venres 10 de xullo ás 19:00 horas. A sesión abordará as características e singularidades da eclipse solar prevista para o 12 de agosto de 2026. Inscrición web desde o 3 de xullo ás 10:00 h.