Charla divulgativa dirixida ao público adulto, o venres 10 de xullo ás 19:00 horas. A sesión abordará as características e singularidades da eclipse solar prevista para o 12 de agosto de 2026. Inscrición web desde o 3 de xullo ás 10:00 h.
ArchivesCursos, conferencias y charlas
Descubrindo o universo: introdución á astronomía
A eclipse de sol, oportunidades educativas
Actividade formativa arredor da observación segura do Sol e das oportunidades educativas da eclipse solar do 12 de agosto de 2026. A sesión ofrecerá información e recursos para abordar a eclipse coa rapazada e incluirá a montaxe dunha cámara estenopeica para a observación indirecta do Sol.
Imparte: Denébola Álvarez-Seoane
Organiza: Nova Escola Galega
Colabora: Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Máis información: neg@neg.gal
Charla “A sombra da lúa. Ceo e literatura”
Charla impartida por Martín Pawley para todos os públicos, o sábado 16 de maio ás 12:30 horas. A actividade propón un percorrido pola relación entre a astronomía e a literatura. Inscrición web desde o 9 de maio ás 10:00 h.
G2514005 – Astronomía sen etiquetas. Explorar o ceo desde os Polos creativos
A Xunta de Galicia, a través de Polos Creativos, organiza o vindeiro 16 de maio a xornada formativa “G2514005 – Astronomía sen etiquetas. Explorar o ceo desde os Polos creativos”, dirixida ao profesorado do sistema educativo non universitario galego. A actividade desenvolverase na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e estará centrada no uso educativo da astronomía e nas posibilidades de levar este tipo de contidos ás aulas a través de propostas prácticas e recursos didácticos.